Historia das comunicacións
De Wiki do Pazo da Mercé
Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 20:52, 24 setembro 2008
Imos facer un pequeno repaso dos acontecementos máis importantes que marcaron a historia moderna das comunicacións:
- Ano 1834 S. Morse inventa o telégrafo: A rede telegráfica é a primeira gran rede de transporte de datos, permitindo transmitir caracteres a lugares distantes. O telégrafo baséase no Código Morse ( . e _ ), que se representa por pulsos eléctricos de distinta duración. O envío e recoñecemento dos mensaxes no telégrafo faise sempre de forma manual.
- Ano 1874 Emil Baudot constrúe un código de lonxitude fixa: O número de elementos (bits) no sinal é o mesmo para cada carácter. A lonxitude e a duración é a mesma para cada elemento.
- Ano 1876-1877 invento e instalación da primeira liña de teléfono: A invención do teléfono por Alexander G. Bell no 1876 non só supuxo un enorme paso na comunicación de voz, xa que a rede de telefonía constituíu a estrutura e base física de moitas das transmisións de datos actuais.
- Dende 1928 ata 1970 usáronse teleimpresores: Os teleimpresores son unha evolución do telégrafo, que conectados á rede télex actúan como unha máquina de escribir que emiten ou reciben información a través da rede telegráfica. Baseados no código de Baudot transmitían a 45/75 baudios (símbolos por segundo).
- Ó final da Segunda guerra mundial comezou o desenvolvemento do ordenador: Orientados a procesos por lotes, non precisaban intercomunicarse.
- Anos 50 – 60 desenvolvemento da informática financeira: Un gran ordenador ao cal se conectaban terminais moi rudimentarios, chamados “tontos”.
- Ano 1960 comézase a construír ARPANET: Esta rede norteamericana é construída con fins militares para asegurar as comunicacións en casos críticos. Supón a construción do estándar TCP/IP, así como a base da arquicoñecida rede Internet.
- Ano 1974 aparecen as primeiras arquitecturas de IBM e DEC (SNA -System Networks Archiquecture, DNA – Digital Network Arquitecture): Xurdiron para estandarizar as interconexións de tal cantidade de elementos dispares que ata ese momento existían no mercado. Foron as primeiras arquitecturas en abarcar todos os niveis das comunicacións entre ordenadores.
- Ano 1984 aparece o modelo de referencia OSI (Open System Interconnection) de ISO: Trata de sentar as bases para que se poidan desenvolver protocolos de comunicación que permitan a accesibilidade universal á información independentemente dos distintos produtos existentes e dos distintos fabricantes.
