O mecanismo de encamiñamento

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 22:23, 7 xaneiro 2009
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Para entender como funciona o mecanismo de encamiñamento en IP, imos primeiro a tratar o funcionamento nos routers para ver despois como é o funcionamento nas estacións finais (hosts).

Cada router dispón dunha táboa cos posibles destinos en forma de direccións IP. En cada fila desa táboa especifícase a dirección das redes ás que se pode chegar e a dirección IP do porto do encamiñador polo que debe saír a mensaxe, así como outros datos como número de encamiñadores intermedios que é necesario atravesar. Estas táboas as utiliza o protocolo de encamiñamento dinámico (RIP ou OSPF) e se actualizan dinamicamente mediante o envío de información entre os encamiñadores.

A mesma dirección IP de destino pode aparecer varias veces na táboa, xa que en moitas ocasións existen varias rutas distintas que alcanzan un mesmo destino. Por exemplo, se temos a rede da seguinte figura, as táboas de enrutamento dos distintos routers son:

Imaxe:Encaminamentorouters2.jpg

Encamiñador A:

Rede destino Seguinte Saltos
216.89.3.0 216.89.3.1 0
198.64.126.0 198.64.126.1 0
188.119.0.0 198.64.126.20 1
default 198.64.126.21 1
Crear un libro