Onde almaceno os documentos

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 07:07, 7 febreiro 2010

Calquera usuario (tanto alumnado como profesorado e PAS) ten acceso a catro unidades de rede onde se poden almacenar os documentos. O usuario accederá a estas carpetas independentemente do ordenador do centro no que inicie a sesión:

  • Carpeta persoal (Z:): Esta carpeta leva o nome do usuario, e aquí debemos gardar todos os nosos documentos persoais. Ten un espazo limitado, pero se fose insuficiente pódese consultar co profesorado encargado do mantemento dos sistemas informáticos do centro para aumentar o límite persoal establecido. Diariamente faise unha copia de seguridade do contido destas carpetas, polo que se accidentalmente se perde algunha información almacenada nelas o profesorado encargado do mantemento pode recuperala.
  • Comun (R:): Todos os usuarios poden ver esta unidade, aínda que os alumnos só poder ler mentras que o profesorado pode escribir e modificar a información almacenada nela. Dentro desta unidade hai carpetas ás que o usuario poderá acceder ou non en función do seu perfil do usuario, departamento ao que pertence, equipo directivo, etc. Se un grupo de profesorado quere dispor dunha carpeta para compartir documentos entre eles de forma restrinxida (grupos de traballo, etc.), pode solicitado ao profesorado encargado do mantemento. Diariamente faise unha copia de seguridade do contido desta carpeta, polo que se accidentalmente se perde algunha información almacenada nelas o profesorado encargado do mantemento pode recuperala.
  • Temporal (T:): Todos os usuarios poden ler e escribir nesta carpeta, así que pode usarse para intercambiar calquera tipo de información entre alumnado e/ou profesorado. Convén ter en conta que todo o que sexa copiado nesta carpeta será accesible para calquera usuario do centro (tanto alumnado como profesorado e PAS) e que calquera outro usuario poderá borralo en calquera momento. É por iso que se recomenda manter sempre unha copia noutro lugar dos documentos copiados nesta carpeta. Cada fin de semana bórrase de forma automática todo o contido desta carpeta.
  • Software(S:): Nesta carpeta almacénanse

Ficheiro:Unidadesderede.png

Crear un libro