Perturbacións nas transmisións
De Wiki do Pazo da Mercé
As transmisións de sinais están afectadas por unha serie de factores, que deforman ou alteran os sinais transmitidos, provocando que o sinal recibido non sexa exactamente igual que o emitido polo emisor. Estas contaminacións ou deformacións (que denominaremos perturbacións) poden conducir a perdas de información e a que as mensaxes non cheguen aos seus destinos con integridade. Podemos distinguir as seguintes perturbacións principais:
- Atenuación: Perda de potencia do sinal a medida que aumenta a distancia de transmisión. Esta perda é debida á resistencia tanto da canle como do resto dos elementos que interveñen na transmisión. Este debilitamento provoca un descenso da amplitude do sinal transmitido.
A atenuación mídese en decibelios (dB); de tal forma que unha perda de 10 dB indica que a enerxía do sinal atenuada é un 10% do emitido, 20 dB un 1%, 30 dB un 0,1%, e así sucesivamente.
A atenuación limita a distancia máxima pola que podemos enviar unha sinal polo medio, xa que chega un momento que se debilita demasiado.
- Distorsión: A distorsión consiste na deformación do sinal, producida normalmente porque a canle se comporta de modo distinto en distintas frecuencias. Os ecualizadores corrixen os efectos da distorsión dunha canle, potenciando a amplitude do sinal en aquelas frecuencias que se atenúan na transmisión.
- Interferencias: O sinal recibido = sinal emitido + sinal emitido.
- Ruído: O sinal recibido = sinal emitido + sinais adicionais que se engadiron polo camiño. A diferenza coas interferencias é que no ruído se descoñecen a orixe das sinais adicionais, xa que son de natureza aleatoria.
- Ecos: Reflexión do sinal no receptor co cal volve ó emisor. Apreciable no receptor se o retardo é superior a 10ms.
