Perturbacións nas transmisións

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 07:13, 23 agosto 2008

As transmisións de sinais están afectadas por unha serie de factores, que deforman ou alteran os sinais transmitidos, provocando que o sinal recibido non sexa exactamente igual que o emitido polo emisor. Estas contaminacións ou deformacións (que denominaremos perturbacións) poden conducir a perdas de información e a que as mensaxes non cheguen aos seus destinos con integridade. Podemos distinguir as seguintes perturbacións principais:

  • Atenuación: Perda de potencia do sinal a medida que aumenta a distancia de transmisión. Esta perda é debida á resistencia tanto da canle como do resto dos elementos que interveñen na transmisión. Este debilitamento provoca un descenso da amplitude do sinal transmitido.
    A atenuación mídese en decibelios (dB); de tal forma que unha perda de 10 dB indica que a enerxía do sinal atenuada é un 10% do emitido, 20 dB un 1%, 30 dB un 0,1%, e así sucesivamente.
    A atenuación limita a distancia máxima pola que podemos enviar unha sinal polo medio, xa que chega un momento que se debilita demasiado.
Ferramentas persoais
Crear un libro