Protocolos de nivel de aplicación

De Wiki do Pazo da Mercé

Índice

Protocolos de acceso remoto (Telnet, SSH)

Os protocolos de acceso remoto permiten abrir unha sesión dende un equipo nun equipo remoto. O equipo recolle as pulsacións de teclado e as envía directamente ó equipo remoto, polo que realmente é como se estiveras traballando nel.

Os protocolos telnet e ssh permiten establecer sesións remotas en modo texto, introducindo comandos no equipo remoto e obtendo resultados de texto. A diferencia entre telnet e ssh está na seguridade; xa que mentres que telnet envía toda a información pola rede sen cifrar, de forma que pode ser espiada con relativa facilidade, ssh utiliza mecanismos de cifrado para protexer a información que transmite pola rede.

Hoxe en día existen protocolos de acceso remoto en modo gráfico, que nos permiten abrir sesións gráficas nun equipo remoto e traballar como se estivésemos sentados diante del.

Protocolo de transferencia de ficheiros (FTP)

O protocolo FTP (File Transfer Protocol) ten como obxectivo a transferencia de ficheiros entre dous equipos conectados por unha rede TCP/IP. Un equipo actúa de cliente FTP, mentres que o outro será o servidor FTP, sobre o que se poden efectuar descargas ou subidas de ficheiros.

Protocolo de acceso á web (HTTP, HTTPS)

Os protocolos HTTP e HTTPS son os utilizados para a transmisión das páxinas web entre o cliente web (navegador) e o servidor web. A diferencia que presenta HTTPS é a de cifrar toda a información transmitida, de forma que non se poida espiar o contido da mesma.

Protocolos de xestión de correo electrónico (POP, SMTP)

Estes protocolos, entre outros, son utilizados para enviar e recibir correo electrónico. O protocolo SMTP utilízase para o envío de correos, mentres que POP3 é utilizado para a recepción de correos.

Crear un libro