Selección do cableado

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 14:32, 28 agosto 2008
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

A selección dun bo cableado é de vital importancia na instalación dunha rede de comunicacións. Hai que ter en conta que o investimento estimado para os cables nunha instalación é dun 6% do custo total e, sen embargo, está comprobado que o 70% dos fallos producidos nunha rede son debidos a defectos no cableado.

Para determinar cal é o mellor cable para un lugar determinado haberá que ter en conta distintos factores:

  • Carga de tráfico na rede.
  • Nivel de seguridade requirida na rede.
  • Distancia que debe cubrir o cable.
  • Presuposto para o cable.

Canto maior sexa a protección do cable fronte ao ruído eléctrico interno e externo, este levará un sinal claro máis lonxe e máis rápido. Sen embargo, a maior velocidade, claridade e seguridade do cable conleva un maior custo económico.

O tipo de cable que se adquira vai estar en función das necesidades do sitio en particular, número de equipos e usuarios, requirimentos de transmisión que establecen, etc. O cableado que se adquire para instalar unha LAN para un negocio pequeno ten uns requirimentos diferentes do cableado necesario para unha gran organización, como por exemplo, unha institución bancaria.

O nivel de apantallamento requirido afectará ao custo do cable. Será necesario un maior apantallamento canto maior sexa o ruído da área por onde vai o cable. As interferencias e o ruído poden causar graves problemas en redes grandes, onde a integridade dos datos é fundamental. O cableado barato ten pouca resistencia a campos eléctricos exteriores xerados por liñas de corrente eléctrica, motores, relés e transmisores de radio. Esto faino susceptible ao ruído e ás interferencias.

Os diferentes tipos de cables teñen diferentes índices de atenuación; por tanto, as especificacións do cable recomendadas especifican límites de lonxitude para os diferentes tipos. Se un sinal sofre demasiada atenuación, o equipo receptor poderá non interpretalo correctamente.

Características Cable coaxial Thinnet Cable coaxial Thicknet Cable de par trenzado Cable de fibra óptica
Custo do cable Máis que UTP Máis que Thinnet UTP: menos caro
STP: máis caro
Máis que Thinnet, pero menos que Thicknet.
Lonxitude útil do cable 185 m. 500 m. 100 m. 2 km.
Velocidade de transmisión 4-100 Mbps 4-100 Mbps UTP:4-100 Mbps STP:16-500 Mbps
(As novas categorías de UTP máis)
100 Mbps o más (> 1Gbps).
Flexibilidade Bastante flexible Menos flexible que Thinnet UTP: más flexible
STP: menos flexible que UTP
Menos flexible que Thicknet
Facilidade de instalación Sinxelo Medianamente sinxelo UTP: moi sinxelo.
STP: medianamente sinxelo.
Difícil
Susceptibilidade a interferencias Boa resistencia a interferencias Boa resistencia a interferencias UTP: moi susceptible STP: boa resistencia Non susceptible a interferencias.
Ferramentas persoais
Crear un libro