Usuarios e permisos
De Wiki do Pazo da Mercé
- No sistema operativo (xa sexa Windows ou Linux) podemos definir distintos usuarios para que cada un poida personalizar o escritorio, programas, etc. e para que almacene os seus propios documentos.
- Cada usuario terá un nome de usuario e un contrasinal, que usará para iniciar a sesión no equipo.
- Sobre calquera carpeta ou documento, poderemos establecer unha serie de permisos que indicarán que usuarios poden ler, escribir e modificar o seu contido:
- Se queremos establecer permisos para moitos usuarios, será moito mais cómodo introducir eses usuarios nun grupo de usuarios, e podemos configurar os permisos para ese grupo de usuarios. Un usuario pode pertencer a un número ilimitado de grupos.
