Fibra óptica
De Wiki do Pazo da Mercé
(→Confección de conectores de fibra óptica) |
(→Confección de conectores de fibra óptica) |
||
| Liña 75: | Liña 75: | ||
| + | <video type="youtube" id="EmTUwZ5cTao" desc ="Confección de conectores ST" frame="true" position="left"/> | ||
| - | + | <video type="youtube" id="Iy9B3eRg4yY" desc="Confección de conectores SC"/ position="center"> | |
| - | + | ||
| - | + | <video type="youtube" id="uha_6WhT77w" desc="Confección de conector SC (en inglés)" position="left"/> | |
| - | + | ||
| + | <video type="youtube" id="GjJnDhlvVjA" desc="Como facer un conector de fibra óptica (en inglés)" position="center"/> | ||
Revisión como estaba ás 09:07, 27 setembro 2011
Índice |
Características da fibra óptica
No cable de fibra óptica transpórtanse sinais dixitais de datos en forma de pulsos modulados de luz. Esta é unha forma moi segura de enviar datos debido a que, a diferencia dos cables de cobre que levan os datos en forma de sinais electrónicos, os cables de fibra óptica transportan impulsos non eléctricos. Isto significa en primeiro lugar que o cable de fibra óptica non se pode pinchar e os seus datos non se poden roubar, pero ademais que a transmisión é insensible a interferencias electromagnéticas externas.
Un sistema de transmisión óptico ten tres compoñentes:
- A fonte de luz: Encárgase de converter un sinal dixital eléctrico nun sinal óptico. Xeralmente utilízase un pulso de luz para representar un "1" e a ausencia de luz para representar un "0". Esta fonte pode ser un diodo láser (emite un onda láser) ou un diodo LED.
- O medio de transmisión: Trátase dunha fibra de vidro ultradelgada, que transporta os pulsos de luz.
- O detector: Encárgase de xerar un pulso eléctrico no momento no que a luz incide sobre el.
O cable de fibra óptica é apropiado para transmitir datos a velocidades moi altas (ata 370 Thz) e con grandes capacidades debido á carencia de atenuación do sinal e a súa pureza.
Unha fibra óptica consta dun cilindro de vidro extremadamente delgado, denominado núcleo, recuberto por unha capa de vidro concéntrica, coñecida como revestimento (Ás veces en lugar de vidro tamén pódese usar plástico que é máis fácil de instalar, pero non pode levar os pulsos de luz a distancias tan grandes como o vidro). Na transmisión, o sinal é conducido polo interior do núcleo, sen poder escapar del debido ás reflexións internas totais que se producen, impedindo tanto o escape de enerxía cara o exterior coma a adición de novas sinais externas. Varios cables de fibra poden agruparse en feixes utilizando unha funda exterior.
Debido a que os fíos de vidro pasan os sinais nunha soa dirección, un cable consta de dous feixes en envolturas separadas: un fío transmite e o outro recibe. Unha capa de plástico de reforzo ó redor de cada fío de vidro e as fibras Kevlar ofrecen solidez. No conector de fibra óptica, as fibras de Kevlar colócanse entre os dous cables. Ao igual que os seus homólogos (par trenzado e coaxial), os cables de fibra óptica encérranse nun revestimento de plástico para a súa protección.
Tipos de cable de fibra óptica
Actualmente utilízanse dous tipos de fibra óptica para a transmisión de datos:
- Fibra monomodo ou de modo único: Potencialmente, este é o tipo de fibra que ofrece maior capacidade de transmisión. O seu nome ven dado porque os raios de luz transmitidos só seguen unha traxectoria, seguindo practicamente o eixe da fibra. Isto conséguese con un núcleo dun diámetro moi pequeno (da orde de millonésimas de metro). Son, pola contra, difíciles de manexar e instalar.
- Fibra multimodo: Por ela os raios de luz non seguen a dirección do eixe da fibra, senón que forman un ángulo e rebotan no extremos. Desta forma permiten distintos camiños de luz sobre a mesma fibra, e polo tanto pódense facer varias transmisións simultáneas (utilizando a multiplexación por lonxitude de onda). Coa fibra multimodo, a distancia máxima de transmisión do cable é menor.
Aplicacións do cable de fibra óptica
Podemos ver na seguinte táboa as aplicacións e características dos distintos tipo de fibra:
| Tipos de fibra | Km | Aplicacións |
|---|---|---|
| Monomodo | >10000 | Cables submarinos, cables interurbanos a 140 e 565 Mb/s |
| Multimodo I.G. | 400 - 1500 | Rotas urbanas ou provinciais ata 140 Mb/s, transmisións de TV dixital |
| Multimodo S.I con revestimento de vidro | 100 - 400 | Redes de abonado distribución de TV, redes locais |
| Multimodo S.I con revestimento plástico | 15-20 / 5-10 | Transmisión de datos, redes locais e punto a punto, aplicacións militares |
Confección de conectores de fibra óptica
Os tipos de conectores para fibra óptica son moi variados. Podemos destacar os seguintes:
- FC, que se usa na transmisión de datos e en telecomunicacións.
- FDDI, úsase para redes de fibra óptica.
- LC e MT-Array que se utilizan en transmisións de alta densidade de datos.
- SC e SC-Dúplex utilízanse para a transmisión de datos.
- ST úsase en redes de edificios e en sistemas de seguridade.
