Selección do cableado

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
(Uso da rede eléctrica para a transmisión de datos (PLC))
(Uso da rede eléctrica para a transmisión de datos (PLC))
 
Liña 103: Liña 103:
Ademais dos tres tipos de cableado que analizamos, tamén existe a opción de utilizar o cableado eléctrico para a transmisión de datos, tecnoloxía que se coñece como [http://es.wikipedia.org/wiki/Power_Line_Communications PLC] (''Power Line Communications'').
Ademais dos tres tipos de cableado que analizamos, tamén existe a opción de utilizar o cableado eléctrico para a transmisión de datos, tecnoloxía que se coñece como [http://es.wikipedia.org/wiki/Power_Line_Communications PLC] (''Power Line Communications'').
-
Desta forma podemos aproveitar a rede eléctrica para a comunicación tanto en redes locais (coa tecnoloxía ''HomePlug'') como en conexións a Internet por banda ancha.
+
Desta forma podemos aproveitar a rede eléctrica para a comunicación tanto en redes locais (coa tecnoloxía ''HomePlug'') como en conexións a Internet por banda ancha. Se utilizamos PLC para a conexión de redes locais, haberá que prestar atención a que a potencia eléctrica contratada sexa a mínima necesaria, e os problemas que poden causar as interferencias ou picos de tensión que se produzan na rede eléctrica, tanto para a comunicación en si como para os aparatos conectados á mesma.

Revisión actual ás 06:31, 2 outubro 2011

Índice

Cuestións sobre a selección do cableado

A selección dun bo cableado é de vital importancia na instalación dunha rede de comunicacións. Hai que ter en conta que o investimento estimado para os cables nunha instalación é dun 6% do custo total e, sen embargo, está comprobado que o 70% dos fallos producidos nunha rede son debidos a defectos no cableado.

Para determinar cal é o mellor cable para un lugar determinado haberá que ter en conta distintos factores:

  • Carga de tráfico na rede.
  • Nivel de seguridade requirida na rede.
  • Distancia que debe cubrir o cable.
  • Presuposto para o cable.

Canto maior sexa a protección do cable fronte ao ruído eléctrico interno e externo, este levará un sinal claro máis lonxe e máis rápido. Sen embargo, a maior velocidade, claridade e seguridade do cable conleva un maior custo económico.

O tipo de cable que se adquira vai estar en función das necesidades do sitio en particular, número de equipos e usuarios, requirimentos de transmisión que establecen, etc. O cableado que se adquire para instalar unha LAN para un negocio pequeno ten uns requirimentos diferentes do cableado necesario para unha gran organización, como por exemplo, unha institución bancaria.

O nivel de apantallamento requirido afectará ao custo do cable. Será necesario un maior apantallamento canto maior sexa o ruído da área por onde vai o cable. As interferencias e o ruído poden causar graves problemas en redes grandes, onde a integridade dos datos é fundamental. O cableado barato ten pouca resistencia a campos eléctricos exteriores xerados por liñas de corrente eléctrica, motores, relés e transmisores de radio. Esto faino susceptible ao ruído e ás interferencias.

Os diferentes tipos de cables teñen diferentes índices de atenuación; por tanto, as especificacións do cable recomendadas especifican límites de lonxitude para os diferentes tipos. Se un sinal sofre demasiada atenuación, o equipo receptor poderá non interpretalo correctamente.

Características Cable coaxial Thinnet Cable coaxial Thicknet Cable de par trenzado Cable de fibra óptica
Custo do cable Máis que UTP Máis que Thinnet UTP: menos caro
STP: máis caro
Máis que Thinnet, pero menos que Thicknet.
Lonxitude útil do cable 185 m. 500 m. 100 m. 2 km.
Velocidade de transmisión 4-100 Mbps 4-100 Mbps UTP:4-100 Mbps STP:16-500 Mbps
(As novas categorías de UTP máis)
100 Mbps o más (> 1Gbps).
Flexibilidade Bastante flexible Menos flexible que Thinnet UTP: más flexible
STP: menos flexible que UTP
Menos flexible que Thicknet
Facilidade de instalación Sinxelo Medianamente sinxelo UTP: moi sinxelo.
STP: medianamente sinxelo.
Difícil
Susceptibilidade a interferencias Boa resistencia a interferencias Boa resistencia a interferencias UTP: moi susceptible
STP: boa resistencia
Non susceptible a interferencias.

Consideracións sobre o cableado de par trenzado

O cable de par trenzado utilízase cando:

  • A LAN ten unha limitación de presuposto.
  • Se desexa una instalación relativamente sinxela, onde as conexións dos equipos sexan simples.

Por estas razóns hoxe en día, tendo en conta as novas categorías de par trenzado, é o ideal para a conexión dos equipos a unha rede de presuposto e requirimentos medios.

Non se utiliza o cable de par trenzado cando:

  • A LAN precisa un gran nivel de seguridade e débese estar absolutamente seguro da integridade dos datos.
  • Os datos deben ser transmitidos a longas distancias e a altas velocidades.

Consideracións sobre o cable coaxial

Na actualidade é difícil ter que tomar unha decisión sobre cable coaxial, xa que foi desbancado polo par trenzado. Porén, utilizarémos o cable coaxial se queremos:

  • Transmitir voz, vídeo e datos.
  • Transmitir datos a distancias maiores do que é posible cun cableado menos caro.
  • Ofrecer unha tecnoloxía familiar cunha seguridade dos datos aceptable.

Consideracións sobre o cable de fibra óptica

O cable de fibra óptica úsase cando:

  • Necesítase transmitir datos a velocidades moi altas e a grandes distancias nun medio moi seguro. (Por exemplo, conexións entre switchs e servidores).

O cable de fibra óptica non se utiliza cando:

  • Ten un presuposto limitado.
  • Non se ten o suficiente coñecemento para instalar e conectar os dispositivos de forma apropiada. A conexión de elementos con par trenzado é moito máis frecuente e sinxela.

Sen embargo, o prezo do cable de fibra óptica é competitivo co prezo do cable de cobre alto de gama. Cada vez faise máis sinxela a utilización do cable de fibra óptica, e as técnicas de pulido e terminación requiren menos coñecementos que fai uns anos.

Uso da rede eléctrica para a transmisión de datos (PLC)

Adaptadores para conectar equipos en rede mediante cables eléctricos

Ademais dos tres tipos de cableado que analizamos, tamén existe a opción de utilizar o cableado eléctrico para a transmisión de datos, tecnoloxía que se coñece como PLC (Power Line Communications).

Desta forma podemos aproveitar a rede eléctrica para a comunicación tanto en redes locais (coa tecnoloxía HomePlug) como en conexións a Internet por banda ancha. Se utilizamos PLC para a conexión de redes locais, haberá que prestar atención a que a potencia eléctrica contratada sexa a mínima necesaria, e os problemas que poden causar as interferencias ou picos de tensión que se produzan na rede eléctrica, tanto para a comunicación en si como para os aparatos conectados á mesma.

Crear un libro