Niveis do modelo OSI

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
(Nivel ou capa de enlace de datos)
Liña 8: Liña 8:
== Nivel ou capa de enlace de datos ==
== Nivel ou capa de enlace de datos ==
 +
 +
Os dispositivos que poden comunicarse a través dunha rede soen denominarse '''nodos''' (en ocasións denomínanse estacións e dispositivos). A capa de enlace de datos é responsable de proporcionar a comunicación nodo a nodo nunha mesma rede de área local. Para elo, a capa de enlace de datos debe realizar dúas funcións. Debe proporcionar un mecanismo de direccións que permita entregar as mensaxes nos nodos correctos e debe traducir as mensaxes das capas superiores en bits que poidan ser transmitidos pola capa física.
 +
 +
Ademais, o nivel de enlace encárgase en moitos casos do control de erros, co propósito de converter o medio de transmisión nun medio libre de erros.
 +
 +
No caso das redes broadcast, o nivel de enlace conterá tamén un subnivel de acceso ao medio, que se encarga de controlar o acceso ó canle de comunicacións compartido.
 +
 +
Cando a capa de enlace de datos recibe unha mensaxe, dalle o formato para transformalo nunha trama de datos. As seccións dunha trama de datos denomínanse campos. Os campos comúns que se soen incluír no nivel de enlace son os seguintes:
 +
 +
* Indicador de inicio: Un conxunto de bits que indica o inicio dunha trama de datos.
 +
* Dirección de orixe: A dirección do nodo que realiza o envío inclúese para poder dirixir as respostas á mensaxe.
 +
* Dirección de destino: Cada nodo queda identificado por unha dirección. A capa de enlace de datos do remitente engade a dirección de destino á trama. A capa de enlace de datos do destinatario examina a dirección de destino para identificar as mensaxes que debe recibir.
 +
* Control: En moitos casos é necesario incluír información adicional de control. Cada protocolo determina unha información específica.
 +
* Datos: Este campo contén todos os datos enviados á capa de enlace de datos polas capas superiores do protocolo.
 +
* Control de erros: Este campo contén información que permite que o nodo destinatario determine se se produciu algún erro durante a transmisión. O sistema habitual é a verificación de redundancia cíclica (CRC), que consiste nun valor calculado que resume todos os datos da trama. O nodo destinatario calcula novamente o valor e, se coincide co da trama, entende que a trama se transmitiu sen erros.
 +
 +
A entrega de tramas resulta moi sinxela nunha rede de área local. Un nodo remitente limítase a transmitir a trama. Cada nodo da rede ve a trama e examina a súa dirección de destino. Cando coincide coa súa dirección, a capa de enlace de datos do nodo recibe a trama e a envía á seguinte capa da pila.
== Nivel ou capa de rede ==
== Nivel ou capa de rede ==

Revisión como estaba ás 14:17, 31 agosto 2008

Índice

Nivel ou capa física

A capa física comunica directamente co medio de comunicación e ten dúas responsabilidades: enviar bits e recibir bits. Outras capas se responsabilizan do agrupamento dos bits de forma que representen datos dunha mensaxe. Os bits represéntanse por cambios nos sinais do medio da rede.

Utilízase unha gran variedade de medios na comunicación de datos; entre outros, cables eléctricos, ondas de luz ou de radio e microondas. O medio empregado pode variar; para substituilo, basta con utilizar un conxunto distinto de protocolos de capa física. As capas superiores son totalmente independentes do proceso utilizado para transmitir os bits a través do medio da rede.

Unha distinción importante é que a capa física OSI non describe os medios, estritamente falando. As especificacións da capa física describen o modo no que os datos se codifican en sinais do medio e as características da interface de conexión co medio, pero non describen o medio en si.

Nivel ou capa de enlace de datos

Os dispositivos que poden comunicarse a través dunha rede soen denominarse nodos (en ocasións denomínanse estacións e dispositivos). A capa de enlace de datos é responsable de proporcionar a comunicación nodo a nodo nunha mesma rede de área local. Para elo, a capa de enlace de datos debe realizar dúas funcións. Debe proporcionar un mecanismo de direccións que permita entregar as mensaxes nos nodos correctos e debe traducir as mensaxes das capas superiores en bits que poidan ser transmitidos pola capa física.

Ademais, o nivel de enlace encárgase en moitos casos do control de erros, co propósito de converter o medio de transmisión nun medio libre de erros.

No caso das redes broadcast, o nivel de enlace conterá tamén un subnivel de acceso ao medio, que se encarga de controlar o acceso ó canle de comunicacións compartido.

Cando a capa de enlace de datos recibe unha mensaxe, dalle o formato para transformalo nunha trama de datos. As seccións dunha trama de datos denomínanse campos. Os campos comúns que se soen incluír no nivel de enlace son os seguintes:

  • Indicador de inicio: Un conxunto de bits que indica o inicio dunha trama de datos.
  • Dirección de orixe: A dirección do nodo que realiza o envío inclúese para poder dirixir as respostas á mensaxe.
  • Dirección de destino: Cada nodo queda identificado por unha dirección. A capa de enlace de datos do remitente engade a dirección de destino á trama. A capa de enlace de datos do destinatario examina a dirección de destino para identificar as mensaxes que debe recibir.
  • Control: En moitos casos é necesario incluír información adicional de control. Cada protocolo determina unha información específica.
  • Datos: Este campo contén todos os datos enviados á capa de enlace de datos polas capas superiores do protocolo.
  • Control de erros: Este campo contén información que permite que o nodo destinatario determine se se produciu algún erro durante a transmisión. O sistema habitual é a verificación de redundancia cíclica (CRC), que consiste nun valor calculado que resume todos os datos da trama. O nodo destinatario calcula novamente o valor e, se coincide co da trama, entende que a trama se transmitiu sen erros.

A entrega de tramas resulta moi sinxela nunha rede de área local. Un nodo remitente limítase a transmitir a trama. Cada nodo da rede ve a trama e examina a súa dirección de destino. Cando coincide coa súa dirección, a capa de enlace de datos do nodo recibe a trama e a envía á seguinte capa da pila.

Nivel ou capa de rede

Nivel ou capa de transporte

Nivel ou capa de sesión

Nivel ou capa de presentación

Nivel ou capa de aplicación

Crear un libro