O circuito de datos
De Wiki do Pazo da Mercé
(Diferenzas entre revisións)
(New page: Se nos restrinximos ao ámbito das comunicacións entre ordenadores, cando establecemos unha comunicación entre dous equipos utilizando uns dispositivos e técnicas determinadas damos lug...) |
m (Protexeu "O circuito de datos" [edit=autoconfirmed:move=autoconfirmed]) |
||
| (Non se mostran 3 revisións do historial.) | |||
| Liña 2: | Liña 2: | ||
| - | Imaxe | + | [[Imaxe:Circuitodedatos.jpg|center]] |
Revisión actual ás 15:21, 25 setembro 2008
Se nos restrinximos ao ámbito das comunicacións entre ordenadores, cando establecemos unha comunicación entre dous equipos utilizando uns dispositivos e técnicas determinadas damos lugar ó que se coñece como circuito de datos. Os circuitos de datos expresan tanto o camiño e o modo como a tecnoloxía utilizada pola información que circula por unha rede de datos, con obxecto de alcanzar un destino receptor. Un circuito de datos está composto unha serie de elementos:
- Equipos Terminais de Datos (ETD): É o compoñente do circuito de datos que fai de fonte ou de destino de información. Engloba a todo tipo de dispositivos, que poden ser tanto un terminal, unha impresora coma un potente ordenador. O ETD será o encargado de controlar as comunicacións do circuito.
- Equipos Terminais de Circuito de Datos (ETCD): É o compoñente que adecúa os sinais que viaxan pola canle de comunicacións converténdoas a un formato adecuado ao ETD. Tamén engadirá a información de control necesaria para a rede de comunicacións que se use na transmisión. Un exemplo de ETCD é o modem.
- Liña de comunicación: Dous ETCD únense a través dunha liña de datos, que ven caracterizada por un conxunto de parámetros, como a velocidade, etc. A calidade dunha liña está perfectamente caracterizada por normas internacionais.

