FDDI
De Wiki do Pazo da Mercé
| Liña 1: | Liña 1: | ||
| - | A interface de datos distribuídos en fibra (FDDI) é unha especificación que describe unha rede de paso de testigo de alta velocidade (100 Mbps) que utiliza como medio a fibra óptica. Foi deseñada polo comité X3T9.5 de ANSI e distribuída en 1986. | + | A [http://es.wikipedia.org/wiki/FDDI interface de datos distribuídos en fibra (FDDI)] é unha especificación que describe unha rede de paso de testigo de alta velocidade (100 Mbps) que utiliza como medio a fibra óptica. Foi deseñada polo comité X3T9.5 de ANSI e distribuída en 1986. |
Gracias ao uso da fibra, está limitada ata unha lonxitude máxima de anel de 100 quilómetros. É por iso que FDDI foi moi utilizado como rede de enlace central (''backbone'') á que se poden conectar LANs de menor capacidade. | Gracias ao uso da fibra, está limitada ata unha lonxitude máxima de anel de 100 quilómetros. É por iso que FDDI foi moi utilizado como rede de enlace central (''backbone'') á que se poden conectar LANs de menor capacidade. | ||
| Liña 12: | Liña 12: | ||
Imaxe:Fddi1.jpg|Aneis da rede FDDI | Imaxe:Fddi1.jpg|Aneis da rede FDDI | ||
Imaxe:Fddi2.jpg|Estacións de clase A e B | Imaxe:Fddi2.jpg|Estacións de clase A e B | ||
| + | Imaxe:Sbus-das-fddi.jpg|Tarxeta de rede FDDI para estación de Clase A | ||
</gallery> | </gallery> | ||
Revisión como estaba ás 22:12, 15 decembro 2008
A interface de datos distribuídos en fibra (FDDI) é unha especificación que describe unha rede de paso de testigo de alta velocidade (100 Mbps) que utiliza como medio a fibra óptica. Foi deseñada polo comité X3T9.5 de ANSI e distribuída en 1986.
Gracias ao uso da fibra, está limitada ata unha lonxitude máxima de anel de 100 quilómetros. É por iso que FDDI foi moi utilizado como rede de enlace central (backbone) á que se poden conectar LANs de menor capacidade.
FDDI utiliza o sistema de pase de testigo nunha configuración de dobre anel. O tráfico nunha rede FDDI está formado por dous fluxos similares que circulan en direccións opostas ao redor de dous aneis que xiran en sentido contrario. Un anel denomínase “anel principal” e o outro “anel secundario”.
Normalmente, o tráfico só circula polo anel principal. Se o anel principal falla automaticamente FDDI reconfigura a rede, de forma que os datos circulen polo anel secundario na dirección oposta.
Os equipos poden conectarse a un ou a ambos cables FDDI nun anel. Aqueles que se conectan a ambos aneis denomínanse estacións Clase A e aqueles que se conectan só a un anel son estacións Clase B. Se se produce un fallo na rede, as estacións de Clase A poden axudar a reconfigurar a rede mentres que as estacións de Clase B non poden.
