Topoloxías lóxicas

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
(New page: A topoloxía lóxica define a forma na que os sinais se transmiten a través do medio. Pode coincidir ou non coa topoloxía física. A topoloxía lóxica está fortemente relacionada co m...)

Revisión como estaba ás 07:51, 20 agosto 2008

A topoloxía lóxica define a forma na que os sinais se transmiten a través do medio. Pode coincidir ou non coa topoloxía física.

A topoloxía lóxica está fortemente relacionada co mecanismo utilizado para administrar a forma na que as estacións acceden á rede. Dado que un cable nunha rede só pode atender a un equipo á vez, é necesario ter procedementos para administrar o acceso á rede, de forma tal que todas as estacións teñan acceso sen que existan conflictos entre elas. Estes procedementos chámanse métodos de control de acceso.

Existen dúas topoloxías lóxicas fundamentais:

Topoloxía de bus

Os equipos dunha rede con topoloxía en bus comunícanse enviando datos a un equipo particular mandando estes datos sobre o cable en forma de sinais electrónicas. Estes sinais son enviadas polo cable independentemente do equipo ó que vaia dirixida.

Desta forma, os datos de rede en forma de sinais electrónicos envíanse a todos os equipos da rede. A mensaxe enviada a todos os dispositivos contén información que di cal dispositivo debe recibir a mensaxe. A información só é aceptada por aquel equipo no que a dirección coincida coa dirección codificada no sinal. Os restantes equipos rexeitan os datos. En cada momento, só pode haber un equipo enviando mensaxes.

Os equipos conectados a un bus ou transmiten datos a outros equipos da rede ou están escoitando datos procedentes de outros equipos da rede. Non son responsables de pasar datos dun equipo ó seguinte. Por conseguinte, se falla un equipo, non afecta ó resto da rede.

Vantaxe da topoloxía lóxica en bus:

  • Na topoloxía en bus os dispositivos de rede non teñen que coñecer as ubicacións físicas dos outros dispositivos da rede, xa que os sinais non se dirixen ó destino senón que se envían a todos os equipos.

Inconveniente:

  • Como en cada momento só pode haber un equipo enviando datos nunha rede en bus, o número de equipos conectados ó bus afectará ó rendemento da rede. Cantos máis equipos haxa nun bus, máis equipos estarán esperando para transmitir datos polo bus e a rede será máis lenta.

Unha topoloxía lóxica en bus, só pode ser usada coa topoloxía física en bus e estrela.

Topoloxía de anel

Nunha topoloxía lóxica en anel, o sinal xenerado viaxa a través dunha rota xa especificada e nunha simple dirección. A diferencia entre o anel lóxico e bus lóxico está en que o sinal enviada nunha lóxica bus vai en todas as direccións. No anel, sen embargo, os datos pasan por cada equipo ata chegar ó que ten a dirección que coincide coa dirección implantada nos datos.

Un dos métodos máis utilizados para transmitir datos ó redor dun anel é o chamado paso de testigo (un testigo é unha secuencia especial de bits que viaxan ó redor dunha rede. Cada rede ten únicamente un testigo):

  • O testigo é pasado de equipo en equipo ata que chega a un equipo que ten datos que enviar.
  • O equipo emisor modifica o testigo, pon unha dirección electrónica nos datos e os envía polo anel.
  • Os datos pasan por cada equipo ata chegar ó que ten a dirección que coincide coa dirección implantada nos datos.
  • O equipo receptor devolve unha mensaxe ó equipo emisor, indicando que os datos foron recibidos.
  • Despois da verificación, o equipo emisor crea un novo testigo e o libera na rede. O testigo circula polo anel ata que unha estación necesita enviar datos.

Pode parecer que o pase de testigo require moito tempo, pero o testigo viaxa realmente a unha velocidade cercana á da luz. Un testigo pode circular por un anel de 200 metros de diámetro ó redor de unhas 477.376 veces por segundo.

A topoloxía lóxica de anel pode ser usada coa topoloxía física de anel e coa topoloxía física de estrela.

Crear un libro