A seguridade no navegador web

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
(Configuración de seguridade nos navegadores)
(Configuración dos navegadores web)
 
(Non se mostra unha revisión do historial.)
Liña 39: Liña 39:
Destacaremos algunhas opcións importantes que podemos configurar para personalizar o seu funcionamento e aumentar a seguridade na navegación (a maioría delas atoparémolas en Firefox no menú ''Herramientas->Opciones'' e en Internet Explorer en ''Herramientas->Opciones de Internet''):
Destacaremos algunhas opcións importantes que podemos configurar para personalizar o seu funcionamento e aumentar a seguridade na navegación (a maioría delas atoparémolas en Firefox no menú ''Herramientas->Opciones'' e en Internet Explorer en ''Herramientas->Opciones de Internet''):
-
* Páxina de inicio.
+
* '''Páxina de inicio'''
-
* Bloqueo de ventás emerxentes.
+
* '''Bloqueo de ventás emerxentes'''
-
* Manexo do historial de navegación.
+
* '''Manexo do historial de navegación'''
-
* Xestión de marcadores.
+
* '''Xestión de marcadores'''
-
* Almacenamento de contrasinais e datos de formularios.
+
* '''Almacenamento de contrasinais e datos de formularios'''
-
* Xestión da caché do navegador.
+
* '''Xestion de cookies'''
-
* Manexo dos certificados dixitais válidos para o navegador.
+
* '''Xestión da caché do navegador'''
-
* Manexo de complementos e plugins.
+
* '''Manexo dos certificados dixitais válidos para o navegador'''
 +
* '''Manexo de complementos e plugins'''

Revisión actual ás 09:45, 5 maio 2010

Mecanismos de cifrado e certificados dixitais

Un certificado dixital é un documento dixital (unha ristra de bytes) mediante a que unha entidade fiable, coñecida como autoridade de certificación (aínda que nos refiriremos a ela habitualmente como CA), garante que unha chave pública correspóndese con unha entidade concreta. Con entidade concreta moitas veces nos referimos a un nome de equipo ou un dominio de DNS, e desta forma poderemos asegurarnos de que nos estamos conectando a o equipo auténtico e que a información que enviamos só poderá ser recibida por ese equipo. O formato estándar que máis se usa para os certificados dixitais é o X.509. Segundo este formato, o certificado con unha serie de campos entre os que destacan a versión, o número de serie, a validez do certificado, o seu emisor (a CA que o emite), o suxeito para o que se emite o certificado e a chave pública do suxeito.

Proceso de xeración e comprobación dunha firma dixital

Os certificados dixitais son utilizados nos métodos de cifrado asimétricos ou de chave pública, que baséanse na utilización dun par de chaves: A chave pública, que como o seu nome indica é pública e pode ser coñecida por calquera, e a chave privada que só pode ser coñecida polo seu propietario. Estas chaves teñen as propiedades de que a información cifrada usando a chave pública só pode ser descifrada coa chave privada, mentres que unha información cifrada coa chave privada só pode ser descifrada usando a chave pública. Desta forma, cando un equipo cifra unha información utilizando a chave pública do destinatario (que obterá dun certificado dixital), só o destinatario poderá descifrar a mensaxe coa súa chave privada (que só el coñece), e polo tanto estamos garantindo a confidencialidade da información. Por outra banda, cando un equipo cifra unha mensaxe coa súa chave privada, calquera pode descifralo usando a súa chave pública, pero estamos garantindo a identificación e autenticación do remitente, dando lugar á firma dixital.

O uso de certificados dixitais nos dous equipos que establecen unha comunicación, e o uso dos métodos de cifrado de chave pública, permiten garantir todos os requirimentos dunha conexión segura. A combinación dos certificados dixitais e as entidades necesarias para a súa emisión cos métodos de cifrado e chave pública xunto co hardware e as políticas de seguridade que permiten levar a cabo as operacións de cifrado de xeito seguro conforman o que se coñece como a Infraestrutura de Chave Pública (PKI). Na seguinte imaxe móstranse os compoñentes básicos dunha PKI:

Un usuario solicita un certificado dixital a unha autoridade de rexistro (RA), que se encarga da verificar a autenticidade do usuario, e enviar a súa verificación á autoridade de certificación (CA), que emite o certificado para o usuario. Con este certificado, o usuario pode firmar dixitalmente documentos, xa que cifrándoos coa súa chave privada e enviando o seu certificado a autoridade de validación (VA) poderá confirmar que realmente é o usuario o que emitiu o documento.


Características das conexións https. Navegación segura

Cando accedemos a unha páxina web na que podemos introducir información confidencial (contrasinais, datos persoais secretos, etc.), debemos comprobar que o acceso á páxina se está facendo usando https. Para facelo, debemos asegurarnos de que:

  • A dirección que aparece na barra do navegador comeza por https://.
  • Aparece un candado, que dependendo do navegador usado pode estar na parte superior ou inferior da pantalla.
  • Se picamos no candado, podemos ver a información do certificado dixital que autentifica ao servidor que nos estamos conectando e que se utiliza para cifrar a información intercambiada entre o noso equipo e este servidor, e que ninguén poida así espiar o que introducimos ou visualizamos na páxina.

Na seguinte imaxe pódense apreciar estes tres elementos (o candado na parte inferior dereita, a dirección https e a información do certificado dixital):

Coa navegación segura (usando https) temos as seguintes garantías:

  • A información intercambiada entre o noso equipo e o servidor co que nos conectadas transmítese a través de Internet cifrada e alguén que a capture non poderá entender o seu significado.
  • O certificado dixital garantiza que o servidor ao que nos conectamos é realmente o servidor do dominio que escribimos no navegador (www.caixanova.es, www.sergas.es, etc.). En caso de que non fose así, ou de que o certificado dixital estivese caducado, ou se o certificado non fose emitido por unha Autoridade de Certificación válida, o navegador mostraría un aviso para que sexa o usuario o que decida se quere establecer a conexión de todas formas:

Configuración dos navegadores web

Destacaremos algunhas opcións importantes que podemos configurar para personalizar o seu funcionamento e aumentar a seguridade na navegación (a maioría delas atoparémolas en Firefox no menú Herramientas->Opciones e en Internet Explorer en Herramientas->Opciones de Internet):

  • Páxina de inicio
  • Bloqueo de ventás emerxentes
  • Manexo do historial de navegación
  • Xestión de marcadores
  • Almacenamento de contrasinais e datos de formularios
  • Xestion de cookies
  • Xestión da caché do navegador
  • Manexo dos certificados dixitais válidos para o navegador
  • Manexo de complementos e plugins
Ferramentas persoais
Crear un libro