Resumo sobre os mecanismos de cifrado

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
(Nova páxina: "== Introdución aos certificados dixitais == Sen entrar en moitos detalles, imos facer un breve resumo dos conceptos básicos dos certificados dixitais para poder comprender os pas…")
 
Liña 14: Liña 14:
Un usuario solicita un certificado dixital a unha [http://es.wikipedia.org/wiki/Autoridad_de_registro autoridade de rexistro] (''RA''), que se encarga da verificar a autenticidade do usuario, e enviar a súa verificación á autoridade de certificación (''CA''), que emite o certificado para o usuario. Con este certificado, o usuario pode firmar dixitalmente documentos, xa que cifrándoos coa súa chave privada e enviando o seu certificado a autoridade de validación (''VA'') poderá confirmar que realmente é o usuario o que emitiu o documento.
Un usuario solicita un certificado dixital a unha [http://es.wikipedia.org/wiki/Autoridad_de_registro autoridade de rexistro] (''RA''), que se encarga da verificar a autenticidade do usuario, e enviar a súa verificación á autoridade de certificación (''CA''), que emite o certificado para o usuario. Con este certificado, o usuario pode firmar dixitalmente documentos, xa que cifrándoos coa súa chave privada e enviando o seu certificado a autoridade de validación (''VA'') poderá confirmar que realmente é o usuario o que emitiu o documento.
 +
 +
== Máis información ==
 +
 +
* [http://es.wikipedia.org/wiki/Certificado_digital O certificado dixital na wikipedia]

Revisión actual ás 06:51, 17 xaneiro 2011

Introdución aos certificados dixitais

Sen entrar en moitos detalles, imos facer un breve resumo dos conceptos básicos dos certificados dixitais para poder comprender os pasos que levaremos a cabo nos seguintes apartados.

Un certificado dixital é un documento dixital (unha ristra de bytes) mediante a que unha entidade fiable, coñecida como autoridade de certificación (aínda que nos refiriremos a ela habitualmente como CA), garante que unha chave pública correspóndese con unha entidade concreta. Con entidade concreta moitas veces nos referimos a un nome de equipo ou un dominio de DNS, e desta forma poderemos asegurarnos de que nos estamos conectando a o equipo auténtico e que a información que enviamos só poderá ser recibida por ese equipo. O formato estándar que máis se usa para os certificados dixitais é o X.509, que é o que usaremos no noso caso. Segundo este formato, o certificado con unha serie de campos entre os que destacan a versión, o número de serie, a validez do certificado, o seu emisor (a CA que o emite), o suxeito para o que se emite o certificado e a chave pública do suxeito.

Proceso de xeración e comprobación dunha firma dixital

Os certificados dixitais son utilizados nos métodos de cifrado asimétricos ou de chave pública, que baséanse na utilización dun par de chaves: A chave pública, que como o seu nome indica é pública e pode ser coñecida por calquera, e a chave privada que só pode ser coñecida polo seu propietario. Estas chaves teñen as propiedades de que a información cifrada usando a chave pública só pode ser descifrada coa chave privada, mentres que unha información cifrada coa chave privada só pode ser descifrada usando a chave pública. Desta forma, cando un equipo cifra unha información utilizando a chave pública do destinatario (que obterá dun certificado dixital), só o destinatario poderá descifrar a mensaxe coa súa chave privada (que só el coñece), e polo tanto estamos garantindo a confidencialidade da información. Por outra banda, cando un equipo cifra unha mensaxe coa súa chave privada, calquera pode descifralo usando a súa chave pública, pero estamos garantindo a identificación e autenticación do remitente, dando lugar á firma dixital.

O uso de certificados dixitais nos dous equipos que establecen unha comunicación, e o uso dos métodos de cifrado de chave pública, permiten garantir todos os requirimentos dunha conexión segura. A combinación dos certificados dixitais e as entidades necesarias para a súa emisión cos métodos de cifrado e chave pública xunto co hardware e as políticas de seguridade que permiten levar a cabo as operacións de cifrado de xeito seguro conforman o que se coñece como a Infraestrutura de Chave Pública (PKI). Na seguinte imaxe móstranse os compoñentes básicos dunha PKI:

Un usuario solicita un certificado dixital a unha autoridade de rexistro (RA), que se encarga da verificar a autenticidade do usuario, e enviar a súa verificación á autoridade de certificación (CA), que emite o certificado para o usuario. Con este certificado, o usuario pode firmar dixitalmente documentos, xa que cifrándoos coa súa chave privada e enviando o seu certificado a autoridade de validación (VA) poderá confirmar que realmente é o usuario o que emitiu o documento.

Máis información

Ferramentas persoais
Crear un libro