Introdución ás redes de ordenadores

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
 
(Non se mostran 4 revisións do historial.)
Liña 1: Liña 1:
-
A idea das redes existe dende fai tempo, tomando diversos significados. Se consultamos o termo “rede” no dicionario, poderiamos atopar as seguintes definicións:
+
A idea das redes existe dende fai tempo, tomando moitos significados. Vexamos algunhas definicións de ''rede'':
* ''Malla, arte de pesca''
* ''Malla, arte de pesca''
Liña 33: Liña 33:
* Permitindo unha mellor escalabilidade dos recursos.
* Permitindo unha mellor escalabilidade dos recursos.
-
 
-
Por todos estes motivos, na actualidade podemos destacar un enorme auxe das redes de ordenadores en case todos os campos da industria e a sociedade e un aumento das necesidades de comunicación, ata o punto de que xa practicamente non ten sentido ter un ordenador illado.
 

Revisión actual ás 05:40, 7 setembro 2011

A idea das redes existe dende fai tempo, tomando moitos significados. Vexamos algunhas definicións de rede:

  • Malla, arte de pesca
  • Sistema de liñas, camiños ou canles entrelazados
  • Calquera sistema interconectado; por exemplo, unha rede de difusión de televisión
  • Un sistema no que se conectan entre si varios equipos independentes para compartir datos e recursos, como discos duros e impresoras

Nestas definicións, podemos atopar unha característica común dos distintos significados: a conexión entre elementos. Unha serie de elementos forman unha rede cando se conectan entre si para a realización dun determinado obxectivo, mentres que se os mesmos elementos se atopan de forma independente nunca falaremos dunha rede. A rede está formada tanto polos elementos conectados como polos mecanismos que sexan necesarios para a conexión dos mesmos.

Se nos fixamos máis concretamente na última das definicións, que se ocupa concretamente das redes de ordenadores, podemos ver que as redes de ordenadores teñen un obxectivo claro: compartir. O propósito das redes de equipos é compartir, xa que é a capacidade de compartir información e recursos de forma eficiente o que lles da ás redes de ordenadores a súa potencia e atractivo.

Contorno independente
Unha rede simple

Antes da aparición das redes, os usuarios necesitaban imprimir os seus documentos ou copiar os ficheiros de documentos nun disco para que outras persoas poderan editalos ou utilizalos. Se outras persoas realizaban modificacións no documento, non existía un método fácil para combinar os cambios. A este sistema se lle chama “traballo nun contorno independente”.


Podemos pensar nas redes como se se tratasen dun equipo de persoas. Pode ser un equipo deportivo, como un equipo de fútbol, ou un equipo de proxecto. Mediante o esforzo conxunto de todos os implicados (compartindo tempo, talento e recursos) alcánzase unha meta ou remátase un proxecto. De forma similar, xestionar unha rede de equipos non é moi distinto de dirixir un equipo de persoas. A comunicación e compartimento pode ser fácil ou complexa, pero será máis eficiente canto mellor definidas estean as normas e esquemas, así como as ferramentas que se deben utilizar para as mesmas.

Así, as redes aumentan a eficiencia e reducen os custos. As redes de ordenadores alcanzan estes obxectivos das seguintes formas principais:

  • Compartindo información (ou datos).
  • Compartindo hardware e software.
  • Centralizando a administración e o soporte.
  • Provendo unha maior confiabilidade, ó dispor de máis dunha fonte para os recursos.
  • Permitindo unha mellor escalabilidade dos recursos.
Crear un libro