O mecanismo de encamiñamento

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
 
(Non se mostra unha revisión do historial.)
Liña 5: Liña 5:
A mesma dirección IP de destino pode aparecer varias veces na táboa, xa que en moitas ocasións existen varias rutas distintas que alcanzan un mesmo destino. Por exemplo, se temos a rede da seguinte figura, as táboas de enrutamento dos distintos routers son:
A mesma dirección IP de destino pode aparecer varias veces na táboa, xa que en moitas ocasións existen varias rutas distintas que alcanzan un mesmo destino. Por exemplo, se temos a rede da seguinte figura, as táboas de enrutamento dos distintos routers son:
-
 
+
[[Imaxe:Encaminamentorouters2.jpg|500px|right|thumb]]
-
[[Imaxe:Encaminamentorouters2.jpg|500px]]
+
-
 
+
Encamiñador A:
Encamiñador A:

Revisión actual ás 22:38, 11 xaneiro 2009

O encamiñamento nos routers

Cada router dispón dunha táboa cos posibles destinos en forma de direccións IP. En cada fila desa táboa especifícase a dirección das redes ás que se pode chegar e a dirección IP do porto do encamiñador polo que debe saír a mensaxe, así como outros datos como número de encamiñadores intermedios que é necesario atravesar. Estas táboas as utiliza o protocolo de encamiñamento dinámico (RIP ou OSPF, por exemplo) e se actualizan dinamicamente mediante o envío de información entre os encamiñadores.

A mesma dirección IP de destino pode aparecer varias veces na táboa, xa que en moitas ocasións existen varias rutas distintas que alcanzan un mesmo destino. Por exemplo, se temos a rede da seguinte figura, as táboas de enrutamento dos distintos routers son:

Encamiñador A:

Rede destino Seguinte Saltos
216.89.3.0 216.89.3.1 0
198.64.126.0 198.64.126.1 0
188.119.0.0 198.64.126.20 1
default 198.64.126.21 1

Encamiñador B:

Rede destino Seguinte Saltos
216.89.3.0 198.64.126.1 1
198.64.126.0 198.64.126.20 0
188.119.0.0 188.119.0.1 0
default 198.64.126.21 1

Encamiñador C:

Rede destino Seguinte Saltos
216.89.3.0 198.64.126.1 1
198.64.126.0 198.64.126.21 0
188.119.0.0 198.64.126.20 0
23.0.0.0 23.65.211.79 0
default 23.65.211.80 1


É importante destacar que nas táboas de encamiñamento non se especifican direccións de destino de máquinas senón de rede. Desta maneira se consegue que as táboas non crezan demasiado, tendo en conta que as máquinas dunha mesma rede están todas no mesmo punto no nivel de rede. Así, cando un encamiñador recibe un paquete, toma a dirección IP de destino, pon a cero todos os bits correspondentes ó número de máquina e a compara coas entradas dispoñibles na súa táboa, e desta forma sabe se a estación de destino está na mesma rede ou debe enviar o paquete a outro encamiñador.

Para poñer a cero os bits correspondentes á dirección da máquina, o encamiñador utiliza a máscara de rede. Esta máscara é unha dirección IP que ten todo 1's na parte de dirección de rede e todo ceros na parte de dirección de equipo. Aplicando o operador lóxico AND (Y) a nivel de bit o encamiñador obtén a dirección de rede asociada a unha IP. Un exemplo de máscaras de rede son:

Rede Clase Máscara Máscara en binario
216.89.3.0 C 255.255.255.0 11111111.11111111.11111111.00000000
198.64.126.0 C 255.255.255.0 11111111.11111111.11111111.00000000
188.119.0.0 B 255.255.0.0 11111111.11111111.00000000.00000000
23.0.0.0 A 255.0.0.0 11111111.00000000.00000000.00000000

O encamiñamento nos hosts

No que respecta aos nodos finais (hosts), cada estación da rede tamén dispón dunha pequena táboa de encamiñamento, que especifica que direccións están na mesma rede e cales están accesibles a través de encamiñadores. Estas táboas de encamiñamento non se xeneran dinamicamente, senón que son configuradas de forma manual. Por exemplo, na figura anterior, o equipo coa IP 216.89.3.3 tería a seguinte táboa:

Rede destino Seguinte
216.89.3.0 -
default 216.89.3.1
Crear un libro