O servidor DHCP en Linux

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
(O ficheiro de configuración do servidor DHCP)
(O ficheiro de configuración do servidor DHCP)
 
(Non se mostra unha revisión do historial.)
Liña 34: Liña 34:
== O ficheiro de configuración do servidor DHCP ==
== O ficheiro de configuración do servidor DHCP ==
-
Os parámetros de configuración do servidor DHCP almacénanse no ficheiro [http://dns.bdat.net/dhcp/x84.html /etc/dhcpd.conf] no que se almacenan as subredes definidas, máquinas e parámetros globais de configuración.
+
Os parámetros de configuración do servidor DHCP almacénanse no ficheiro [http://dns.bdat.net/dhcp/x84.html dhcpd.conf] no que se almacenan as subredes definidas, máquinas e parámetros globais de configuración.
 +
 
 +
Este ficheiro ubícase normalmente dentro do directorio '''/etc''', aínda que a súa localización pode variar dependendo da distribución (En Ubuntu atópase na carpeta /etc/dhcp3).

Revisión actual ás 21:36, 25 maio 2009

Índice

Instalación do servizo DHCP

Para instalar o servizo DHCP simplemente teremos que instalar no noso equipo o paquete necesario, que poderá variar de nome dependendo da distribución:

  • En Ubuntu: Paquete dhcp3-server, e o nome do servizo é dhcp3-server
  • En Mandriva: dhcp-server, e o nome do servizo é dhcpd

Usaremos en cada caso a ferramenta de xestión de software que ofrece a distribución.

Configuración básica do servizo DHCP

Unha vez instalado o paquete correspondente, para poder arrancar o servizo deberemos establecer unha configuración inicial na que polo menos deberemos crear unha subrede, que é un rango de direccións IP que o servidor vai poder asignar:

Configuración básica do servizo DHCP en Linux co webmin

Definición de reservas

Podemos reservar unha dirección IP para un equipo específico definindo unha máquina:

Asignación dunha reserva no servidor DHCP en Linux co webmin

Outras opcións do servidor DHCP

Dende o webmin tamén podemos configurar outras opcións do servidor DHCP, como son parámetros de configuración que queremos asignar aos clientes de forma automática (porta de enlace, servidores DNS , etc.). Tamén ofrece a posibilidade de monitorizar o servizo, permitindo visualizar as direccións IP concedidas aos clientes:

Configuración de opcións do servidor DHCP en Linux co webmin

O ficheiro de configuración do servidor DHCP

Os parámetros de configuración do servidor DHCP almacénanse no ficheiro dhcpd.conf no que se almacenan as subredes definidas, máquinas e parámetros globais de configuración.

Este ficheiro ubícase normalmente dentro do directorio /etc, aínda que a súa localización pode variar dependendo da distribución (En Ubuntu atópase na carpeta /etc/dhcp3).

Crear un libro