Cable de par trenzado

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
(Conexión de cables de par trenzado)
Liña 81: Liña 81:
<gallery>
<gallery>
-
Imagen:Elementosrj45.jpg|Esquema dun conector RJ45
+
Imagen:Codigoaesquemafios.jpg|Esquema dos fíos seguindo o código A
-
Imagen:Aspectorj45.jpg|Aspecto de conectores RJ45
+
Imagen:Codigoaordeconector.jpg|Orde dos fíos no conector co código A
 +
Imagen:Codigoaordefios.jpg|Orde dos fíos no cable co código A
 +
</gallery>
 +
 
 +
<gallery>
 +
Imagen:Codigobesquemafios.jpg|Esquema dos fíos seguindo o código B
 +
Imagen:Codigobordeconector.jpg|Orde dos fíos no conector co código B
 +
Imagen:Codigobordefios.jpg|Orde dos fíos no cable co código B
</gallery>
</gallery>

Revisión como estaba ás 06:51, 25 agosto 2008

Índice

Características do cable de par trenzado

O cable de pares é similar ao do teléfono. É o medio de transmisión máis simple e económico. O cable componse dunha serie de pares de fíos polos que se transmiten distintos sinais.

Un problema que presentan os cables de pares é que presentan unha resistencia eléctrica bastante elevada, o que provoca o debilitamento do sinal, moi acusado se se sobrepasan determinadas lonxitudes. Isto obrigará a rexenerar o sinal para que poida ser recibida correctamente.

Outro inconveniente deste tipo de cables é que o condutor de cobre que utilizan é moi sensible ás interferencias que se producen entre uns cables e outros. Un modo de subsanar estas interferencias consiste en trenzar os pares, xa que así se consegue que que unhas perturbacións anulen ás outras. É por iso que falamos do cable de par trenzado, xa que os fíos van trenzados entre eles e se encerran nun recubrimento protector para formar un cable.

Canto máis trenzados estean os fios maior inmunidade ao ruído, pero pola contra menor lonxitude pode ter o cable, pois ao ter maior lonxitude de fíos prodúcese maior atenuación, por iso hai que tomar un punto medio onde os pros e os contras se compensen. O número total de pares do cable pode variar dependo do seu uso (O cable telefónico pode ter 1 ou 2 pares, e o utilizado nas redes de ordenadores ten 4 pares).

Apantallamento do cable de par trenzado

Pero aínda o cable trenzado segue a ser bastante sensible ás interferencias externas que pode recibir. Para reducir o efecto destas interferencias pódese rodear o cable dun condutor eléctrico externo; nese caso trátase dun cable de par trenzado apantallado. Polo tanto distinguimos dous tipos de cables de pares:

  • Cable UTP (Unshielded Twisted Pair – Par trenzado sen apantallar): Consta de 4 pares de fios trenzados, cada par de fios está trenzado sobre si mesmo. Non presenta ningún tipo de recubrimento externo, de modo que é moi sensible ás interferencias.
  • Cable STP (Shielded Twisted Pair – Par trenzado apantallado): É semellante ao UTP, pero incorpora un recubrimento metálico para evitar as interferencias externas. Polo tanto é un cable máis protexido, o cal lle permite soportar maiores tasas de transmisión que os UTP a distancias maiores. Por contra, trátase dun cable menos flexible que o UTP, o cal tendo en conta tamén o seu maior custo fai que este tipo de cable sexa menos utilizado que o anterior. Sen embargo, si que é moi recomendable o seu uso cando os cables se colocan próximos a cables de alimentación eléctrica, xa que estes últimos xeneran fortes interferencias.

Categorías de cable de par trenzado

Nos cables de pares distínguense unha serie de categorías. Cada categoría especifica unhas características eléctricas para o cable: atenuación, capacidade da liña e resistencia. Actualmente distínguense as seguintes categorías de cables, aplicados sobre todo aos cables UTP:

  • Categoría 1: A esta categoría pertence o cable telefónico UTP tradicional que resulta adecuado para transmitir voz, pero non datos. A maioría dos cables telefónicos instalados antes de 1983 son cables de categoría 1.
  • Categoría 2: Esta categoría certifica o cable para transmisión de datos de ata 4 megabits por segundo (Mbps).
  • Categoría 3: Esta categoría certifica o cable para transmisión de datos de ata 16 Mbps, xa que permite transmisións a 16 MHz. Este cable consta de catro pares trenzados de fío de cobre con tres entrelazados por pé, e foi utilizado en redes a 10 Mbps.
  • Categoría 4: Esta categoría certifica o cable para transmisión de datos de ata 20 Mbps (20 Mhz).
  • Categoría 5: Esta categoría certifica o cable para transmisión de datos de ata 100 Mbps (100 Mhz), aínda que na actualidade tamén soporta a velocidade de 155 Mbps. Dado que o cable UTP de categoría 5 é barato e fácil de instalar, é moi utilizado nas instalacións de LANs.
  • Categoría 5 mellorada (5e): Ofrece mellores prestacións que o estándar de categoría 5. Para facelo débense cumprir especificacións tales como unha atenuación máis baixa e un menor nivel de ruído. Desta forma pode permitir transmisións a 1 Gbps. A lonxitude máxima de cable permitida é de 90 m.
  • Categoría 6: Utilizando catro pares de fíos de cable de par trenzado, este cable soporta frecuencias de 250 Mhz, sendo moi adecuado para transmisións a 1 Gbps e unha lonxitude de ata 100m. Actualmente se está traballando nunha nova especificación coñecida como categoría 6a que permite frecuencias de ata 500 Mhz e velocidades de 10 Gbps.
  • Categoría 7: Esta especificación define unha cable con un apantallamento para cada par de fíos e outro para o cable global, reducindo así o ruído e permitindo frecuencias de ata 600 Mhz. Con este cable podemos construír segmentos de ata 100m con velocidade de 10 Gbps.


Táboa


No cable de par trenzado tamén se distinguen distintas clases. Estas clases especifican as distancias permitidas e o ancho de banda conseguido. Están definidas clases dende a A ata a F (por exemplo, a clase F é a utilizada para o cable de categoría 7). Na seguinte táboa se amosan exemplos de combinación e clases e categorías:

center

Conexión de cables de par trenzado

Os fíos do cable teñen unha cor que os identifica. Os pares que van trenzados son os dunha cor cos que son brancos e desa mesma cor:

Verde      trenzado con	  Branco-Verde
Laranxa    trenzado con	  Branco-Laranxa
Azul       trenzado con	  Branco-Azul
Marrón     trenzado con	  Branco-Marrón

O cable de par trenzado utiliza conectores telefónicos RJ-45 para conectarse a un equipo. Son similares aos conectores telefónicos RJ11, aínda que hai diferencias entre eles, e o seu tamaño non coincide. O conector RJ-45 contén oito conexións de cable, mentres que o RJ-11 só contén catro.

A tarxeta de rede transmite e recibe a información polo seu conector RJ-45 femia. Para a transmisión que actualmente se utiliza de 100 Mbps, os pins que usa para tal fin son:


Táboa


Polo tanto os pins 1 e 2 do cable transmiten e o 3 e 6 reciben. Porén, hai que ter en conta que se quixeramos transmitir a 1 Gbps a tarxeta de rede faría uso dos 8 pins.

Se atendemos as consideracións de que os pares trenzados son máis inmunes as interferencias, temos que se no pin 1 do conector RJ-45 macho poñemos un cabliño con cor Marrón no pin 2 teremos que poñer o cabliño con cor Branco-Marrón, para que así se anulen as interferencias entre eles. O mesmo deberemos facer cos pins 3 e 6.

Tendo en conta estas consideracións, existen dúas combinacións convencionais de cables. Non teñen explicación técnica, simplemente son convenios adoptados para utilizar sempre a mesma orde nos cables nos conectores nunha rede.

Por tanto, a colocación dun conector usando os códigos A e B sería:

Conexión directa entre dous ordenadores

Conexión utilizando dispositivos de rede

Pasos para a confección dos conectores do cable de par trenzado

Crear un libro