Topoloxías lóxicas
De Wiki do Pazo da Mercé
(New page: A topoloxía lóxica define a forma na que os sinais se transmiten a través do medio. Pode coincidir ou non coa topoloxía física. A topoloxía lóxica está fortemente relacionada co m...) |
m (TopoloxÃas lóxicas trasladada a Topoloxías lóxicas) |
Revisión como estaba ás 07:51, 20 agosto 2008
A topoloxía lóxica define a forma na que os sinais se transmiten a través do medio. Pode coincidir ou non coa topoloxía física.
A topoloxía lóxica está fortemente relacionada co mecanismo utilizado para administrar a forma na que as estacións acceden á rede. Dado que un cable nunha rede só pode atender a un equipo á vez, é necesario ter procedementos para administrar o acceso á rede, de forma tal que todas as estacións teñan acceso sen que existan conflictos entre elas. Estes procedementos chámanse métodos de control de acceso.
Existen dúas topoloxías lóxicas fundamentais:
Topoloxía de bus
Os equipos dunha rede con topoloxía en bus comunícanse enviando datos a un equipo particular mandando estes datos sobre o cable en forma de sinais electrónicas. Estes sinais son enviadas polo cable independentemente do equipo ó que vaia dirixida.
Desta forma, os datos de rede en forma de sinais electrónicos envíanse a todos os equipos da rede. A mensaxe enviada a todos os dispositivos contén información que di cal dispositivo debe recibir a mensaxe. A información só é aceptada por aquel equipo no que a dirección coincida coa dirección codificada no sinal. Os restantes equipos rexeitan os datos. En cada momento, só pode haber un equipo enviando mensaxes.
Os equipos conectados a un bus ou transmiten datos a outros equipos da rede ou están escoitando datos procedentes de outros equipos da rede. Non son responsables de pasar datos dun equipo ó seguinte. Por conseguinte, se falla un equipo, non afecta ó resto da rede.
Vantaxe da topoloxía lóxica en bus:
- Na topoloxía en bus os dispositivos de rede non teñen que coñecer as ubicacións físicas dos outros dispositivos da rede, xa que os sinais non se dirixen ó destino senón que se envían a todos os equipos.
Inconveniente:
- Como en cada momento só pode haber un equipo enviando datos nunha rede en bus, o número de equipos conectados ó bus afectará ó rendemento da rede. Cantos máis equipos haxa nun bus, máis equipos estarán esperando para transmitir datos polo bus e a rede será máis lenta.
Unha topoloxía lóxica en bus, só pode ser usada coa topoloxía física en bus e estrela.
Topoloxía de anel
Nunha topoloxía lóxica en anel, o sinal xenerado viaxa a través dunha rota xa especificada e nunha simple dirección. A diferencia entre o anel lóxico e bus lóxico está en que o sinal enviada nunha lóxica bus vai en todas as direccións. No anel, sen embargo, os datos pasan por cada equipo ata chegar ó que ten a dirección que coincide coa dirección implantada nos datos.
Un dos métodos máis utilizados para transmitir datos ó redor dun anel é o chamado paso de testigo (un testigo é unha secuencia especial de bits que viaxan ó redor dunha rede. Cada rede ten únicamente un testigo):
- O testigo é pasado de equipo en equipo ata que chega a un equipo que ten datos que enviar.
- O equipo emisor modifica o testigo, pon unha dirección electrónica nos datos e os envía polo anel.
- Os datos pasan por cada equipo ata chegar ó que ten a dirección que coincide coa dirección implantada nos datos.
- O equipo receptor devolve unha mensaxe ó equipo emisor, indicando que os datos foron recibidos.
- Despois da verificación, o equipo emisor crea un novo testigo e o libera na rede. O testigo circula polo anel ata que unha estación necesita enviar datos.
Pode parecer que o pase de testigo require moito tempo, pero o testigo viaxa realmente a unha velocidade cercana á da luz. Un testigo pode circular por un anel de 200 metros de diámetro ó redor de unhas 477.376 veces por segundo.
A topoloxía lóxica de anel pode ser usada coa topoloxía física de anel e coa topoloxía física de estrela.
