Token ring

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
Liña 27: Liña 27:
* Notificación a outros equipos da rede da súa existencia.  
* Notificación a outros equipos da rede da súa existencia.  
-
O proceso de monitorización denomínase de baliza (''beaconing''):
+
O proceso de monitorización denomínase de baliza (''[http://en.wikipedia.org/wiki/Beaconing beaconing]''):
* O equipo encargado do control envía unha baliza cada sete segundos.
* O equipo encargado do control envía unha baliza cada sete segundos.

Revisión como estaba ás 09:10, 15 decembro 2008

A arquitectura Token Ring foi desenvolvida a mediados dos oitenta por IBM. Xogou un papel moi importante no mercado das redes de área local, pero a súa popularidade descendeu enormemente en favor de Ethernet. Está baseado na Arquitectura de Sistemas en Rede (SNA), que foi a arquitectura de rede de IBM.

Token Ring correspóndese co estándar IEEE 802.5. As súas características principais son:

  • Topoloxía física do cableado en estrela usando unha MAU.
  • Topoloxía lóxica en anel, método de acceso de paso de testigo.
  • Cableado de par trenzado apantallado e sen apantallar (Tipos 1, 2 e 3 de IBM).
  • Velocidades de transferencia entre 4 e 16 Mbps.
  • Transmisión banda base.
  • Lonxitude máxima do segmento de cable de entre 45 e 400 metros, dependendo do cable.

O formato básico da trama de datos de Token Ring consta de cabeceira, datos e final.



O hardware para redes Token Ring está baseado nunha MAU que é a que forma o anel. Unha rede Token Ring pode ter varios MAUs. O cableado que se utiliza para conectar os equipos aos hubs é STP ou UTP, aínda que tamén o cable de fibra óptica é especialmente apropiado para redes Token Ring.

Control do sistema

O primeiro equipo que se activa na rede Token Ring queda designado para controlar a actividade da rede. O equipo encargado do control asegura que as tramas se están entregando e recibindo correctamente. Comproba que as tramas non circulan polo anel máis dunha vez e asegura que só hai un testigo na rede.

Cando un equipo da rede entra en liña, o sistema Token Ring o inicializa de forma que poida formar parte do anel. Esta inicialización inclue:

  • Comprobación de direccións duplicadas.
  • Notificación a outros equipos da rede da súa existencia.

O proceso de monitorización denomínase de baliza (beaconing):

  • O equipo encargado do control envía unha baliza cada sete segundos.
  • A baliza pasa de equipo en equipo por todo o anel.
  • Se un equipo non recibe a baliza do seu veciño, notifica á rede a súa falta de conexión, enviando unha mensaxe que contén a súa dirección e a dirección do veciño que non lle enviou a baliza.
  • A partir desta información, inténtase diagnosticar o problema e tratar de reparalo sen dividir a rede. En moitas ocasións o hub pode quitar ao equipo que falla do anel, e así o resto da rede segue funcionando sen problema. Se non se pode realizar a reconfiguración de forma automática é necesaria a intervención manual.
Ferramentas persoais
Crear un libro