Cable de par trenzado

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
Liña 22: Liña 22:
* '''Cable STP (''Shielded Twisted Pair'' – Par trenzado apantallado)''': É semellante ao UTP, pero incorpora un recubrimento metálico para evitar as interferencias externas. Polo tanto é un cable máis protexido, o cal lle permite soportar maiores tasas de transmisión que os UTP a distancias maiores. Por contra, trátase dun cable menos flexible que o UTP, o cal tendo en conta tamén o seu maior custo fai que este tipo de cable sexa menos utilizado que o anterior. Sen embargo, si que é moi recomendable o seu uso cando os cables se colocan próximos a cables de alimentación eléctrica, xa que estes últimos xeneran fortes interferencias.
* '''Cable STP (''Shielded Twisted Pair'' – Par trenzado apantallado)''': É semellante ao UTP, pero incorpora un recubrimento metálico para evitar as interferencias externas. Polo tanto é un cable máis protexido, o cal lle permite soportar maiores tasas de transmisión que os UTP a distancias maiores. Por contra, trátase dun cable menos flexible que o UTP, o cal tendo en conta tamén o seu maior custo fai que este tipo de cable sexa menos utilizado que o anterior. Sen embargo, si que é moi recomendable o seu uso cando os cables se colocan próximos a cables de alimentación eléctrica, xa que estes últimos xeneran fortes interferencias.
-
== Categorías ==
+
== Categorías de cable de par trenzado ==
 +
 
 +
Nos cables de pares distínguense unha serie de categorías. Cada categoría especifica unhas características eléctricas para o cable: atenuación, capacidade da liña e resistencia. Actualmente distínguense as seguintes categorías de cables, aplicados sobre todo aos cables UTP:
 +
 
 +
* '''Categoría 1''':  A esta categoría pertence o cable telefónico UTP tradicional que resulta adecuado para transmitir voz, pero non datos. A maioría dos cables telefónicos instalados antes de 1983 son cables de categoría 1.
 +
 
 +
* '''Categoría 2''': Esta categoría certifica o cable para transmisión de datos de ata 4 megabits por segundo (Mbps).
 +
 
 +
* '''Categoría 3''': Esta categoría certifica o cable para transmisión de datos de ata 16 Mbps, xa que permite transmisións a 16 MHz. Este cable consta de catro pares trenzados de fío de cobre con tres entrelazados por pé, e foi utilizado en redes a 10 Mbps.
 +
 
 +
* '''Categoría 4''': Esta categoría certifica o cable para transmisión de datos de ata 20 Mbps (20 Mhz).
 +
 
 +
* '''Categoría 5''': Esta categoría certifica o cable para transmisión de datos de ata 100 Mbps (100 Mhz), aínda que na actualidade tamén soporta a velocidade de 155 Mbps.  Dado que o cable UTP de categoría 5 é barato e fácil de instalar, é moi utilizado nas instalacións de LANs.
 +
 
 +
* '''Categoría 5 mellorada (5e)''': Ofrece mellores prestacións que o estándar de categoría 5. Para facelo débense cumprir especificacións tales como unha atenuación máis baixa e un menor nivel de ruído. Desta forma pode permitir transmisións a 1 Gbps. A lonxitude máxima de cable permitida é de 90 m.
 +
 
 +
* '''Categoría 6''': Utilizando catro pares de fíos de cable de par trenzado, este  cable soporta frecuencias de 250 Mhz, sendo moi adecuado para transmisións a 1 Gbps e unha lonxitude de ata 100m. Actualmente se está traballando nunha nova especificación coñecida como categoría 6a que permite frecuencias de ata 500 Mhz e velocidades de 10 Gbps.
 +
 
 +
* '''Categoría 7''': Esta especificación define unha cable con un apantallamento para cada par de fíos e outro para o cable global, reducindo así o ruído e permitindo frecuencias de ata 600 Mhz. Con este cable podemos construír segmentos de ata 100m con velocidade de 10 Gbps.
 +
 
 +
 
 +
Táboa
 +
 

Revisión como estaba ás 07:41, 23 agosto 2008

Índice

Características do cable de par trenzado

O cable de pares é similar ao do teléfono. É o medio de transmisión máis simple e económico. O cable componse dunha serie de pares de fíos polos que se transmiten distintos sinais.

Un problema que presentan os cables de pares é que presentan unha resistencia eléctrica bastante elevada, o que provoca o debilitamento do sinal, moi acusado se se sobrepasan determinadas lonxitudes. Isto obrigará a rexenerar o sinal para que poida ser recibida correctamente.

Outro inconveniente deste tipo de cables é que o condutor de cobre que utilizan é moi sensible ás interferencias que se producen entre uns cables e outros. Un modo de subsanar estas interferencias consiste en trenzar os pares, xa que así se consegue que que unhas perturbacións anulen ás outras. É por iso que falamos do cable de par trenzado, xa que os fíos van trenzados entre eles e se encerran nun recubrimento protector para formar un cable.

Canto máis trenzados estean os fios maior inmunidade ao ruído, pero pola contra menor lonxitude pode ter o cable, pois ao ter maior lonxitude de fíos prodúcese maior atenuación, por iso hai que tomar un punto medio onde os pros e os contras se compensen. O número total de pares do cable pode variar dependo do seu uso (O cable telefónico pode ter 1 ou 2 pares, e o utilizado nas redes de ordenadores ten 4 pares).

Apantallamento do cable de par trenzado

Pero aínda o cable trenzado segue a ser bastante sensible ás interferencias externas que pode recibir. Para reducir o efecto destas interferencias pódese rodear o cable dun condutor eléctrico externo; nese caso trátase dun cable de par trenzado apantallado. Polo tanto distinguimos dous tipos de cables de pares:

  • Cable UTP (Unshielded Twisted Pair – Par trenzado sen apantallar): Consta de 4 pares de fios trenzados, cada par de fios está trenzado sobre si mesmo. Non presenta ningún tipo de recubrimento externo, de modo que é moi sensible ás interferencias.
  • Cable STP (Shielded Twisted Pair – Par trenzado apantallado): É semellante ao UTP, pero incorpora un recubrimento metálico para evitar as interferencias externas. Polo tanto é un cable máis protexido, o cal lle permite soportar maiores tasas de transmisión que os UTP a distancias maiores. Por contra, trátase dun cable menos flexible que o UTP, o cal tendo en conta tamén o seu maior custo fai que este tipo de cable sexa menos utilizado que o anterior. Sen embargo, si que é moi recomendable o seu uso cando os cables se colocan próximos a cables de alimentación eléctrica, xa que estes últimos xeneran fortes interferencias.

Categorías de cable de par trenzado

Nos cables de pares distínguense unha serie de categorías. Cada categoría especifica unhas características eléctricas para o cable: atenuación, capacidade da liña e resistencia. Actualmente distínguense as seguintes categorías de cables, aplicados sobre todo aos cables UTP:

  • Categoría 1: A esta categoría pertence o cable telefónico UTP tradicional que resulta adecuado para transmitir voz, pero non datos. A maioría dos cables telefónicos instalados antes de 1983 son cables de categoría 1.
  • Categoría 2: Esta categoría certifica o cable para transmisión de datos de ata 4 megabits por segundo (Mbps).
  • Categoría 3: Esta categoría certifica o cable para transmisión de datos de ata 16 Mbps, xa que permite transmisións a 16 MHz. Este cable consta de catro pares trenzados de fío de cobre con tres entrelazados por pé, e foi utilizado en redes a 10 Mbps.
  • Categoría 4: Esta categoría certifica o cable para transmisión de datos de ata 20 Mbps (20 Mhz).
  • Categoría 5: Esta categoría certifica o cable para transmisión de datos de ata 100 Mbps (100 Mhz), aínda que na actualidade tamén soporta a velocidade de 155 Mbps. Dado que o cable UTP de categoría 5 é barato e fácil de instalar, é moi utilizado nas instalacións de LANs.
  • Categoría 5 mellorada (5e): Ofrece mellores prestacións que o estándar de categoría 5. Para facelo débense cumprir especificacións tales como unha atenuación máis baixa e un menor nivel de ruído. Desta forma pode permitir transmisións a 1 Gbps. A lonxitude máxima de cable permitida é de 90 m.
  • Categoría 6: Utilizando catro pares de fíos de cable de par trenzado, este cable soporta frecuencias de 250 Mhz, sendo moi adecuado para transmisións a 1 Gbps e unha lonxitude de ata 100m. Actualmente se está traballando nunha nova especificación coñecida como categoría 6a que permite frecuencias de ata 500 Mhz e velocidades de 10 Gbps.
  • Categoría 7: Esta especificación define unha cable con un apantallamento para cada par de fíos e outro para o cable global, reducindo así o ruído e permitindo frecuencias de ata 600 Mhz. Con este cable podemos construír segmentos de ata 100m con velocidade de 10 Gbps.


Táboa


Conexión de cables de par trenzado

Conexión directa entre dous ordenadores

Conexión utilizando dispositivos de rede

Pasos para a confección dos conectores do cable de par trenzado

Crear un libro