Programación do módulo de Aplicacións Web
De Wiki do Pazo da Mercé
(→Unidade didáctica 5: Servizo de correo electrónico) |
(→Unidade didáctica 6: Servizos de acceso e administración remota) |
||
| Liña 72: | Liña 72: | ||
==== Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación ==== | ==== Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación ==== | ||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
| - | |||
=== Unidade didáctica 7:Servizo de proxy === | === Unidade didáctica 7:Servizo de proxy === | ||
Revisión como estaba ás 20:05, 4 setembro 2010
Introdución
O módulo “Aplicacións web“ pertence ao ciclo de Formación Profesional de grao medio “Sistemas Microinformáticos e redes” da familia profesional de Informática e comunicacións. Cunha duración de 2.000 horas repartidas en 2 cursos académicos, O que lle corresponde o título de “Técnico en sistemas microinformáticos e redes”.
Este módulo, impártese durante o segundo curso, cunha carga horaria de 123 horas, que equivale a 7 sesións de 50 minutos.
O Decreto 27/2010 do 25 de febreiro, establece o currículo do ciclo formativo correspondente ao título de Técnico en sistemas microinformáticos e redes.
Obxectivos xerais do módulo
Os obxectivos que deberá alcanzar o alumno ao rematar este módulo son os seguintes:
Desenvolvemento curricular das unidades didácticas
Unidade didáctica 1: SISTEMAS DE XESTIÓN DE APRENDIZAXE A DISTANCIA
Obxectivos didácticos
Contidos
Actividades
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Unidade didáctica 2: XESTORES DE CONTIDOS
Obxectivos didácticos
Contidos
Actividades
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Unidade didáctica 3: APLICACIÓNS WEB DE ESCRITORIO
Obxectivos didácticos
Contidos
Actividades
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Unidade didáctica 4: SERVIZOS DE XESTIÓN DE FICHEIROS WEB
Obxectivos didácticos
Contidos
Actividades
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Unidade didáctica 5: APLICACIÓNS DE OFIMÁTICA WEB
Obxectivos didácticos
Contidos
Actividades
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Unidade didáctica 7:Servizo de proxy
Obxectivos didácticos
- Instalar e configurar as propiedades básicas do servizo proxy con Linux.
- Configurar os distintos navegadores web para o acceso a Internet a través dun proxy.
- Definir restricións de acceso a Internet no servidor proxy en base aos requirimentos recibidos.
- Xestionar a caché para manter un rendemento óptimo do servidor proxy.
Contidos
- Características e funcionamento do servizo proxy.
- Encamiñamento de tráfico entre redes
- Filtraxe de tráfico entre redes
Actividades
- Instalar o servidor proxy squid en Linux e configurar as súas propiedades máis importantes.
- Configurar os navegadores web para conectarse a Internet a través dun servidor proxy.
- Definir restricións de acceso a Internet no servidor squid en base ás direccións dos clientes.
- Instalar o servidor squidGuard e configuralo para restrinxir o acceso a Internet a servidores web determinados.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
- Interconectar redes e controlar o tráfico transmitido
- Instalar un servidor proxy squid en Linux e configurar a súas propiedades básicas
- Comprobar o funcionamento do proxy empregando distintos navegadores.
- Instalar o servidor squidGuard e definir restricións en base a listas negras de servidor web de destino.
- Implementar e verificar unha política de seguridade referente ao tráfico que reenvía o sistema.
Contidos mínimos
Os contidos mínimos imprescindibles para a superación do módulo son os seguintes:
- Instalar e configurar o servizo de DNS en Windows e en Linux de acordo coas especificacións recibidas:
- Definir e configurar zonas de busca directas e inversas.
- Crear de entradas e alias nas zonas do servidor.
- Configurar as propiedades do servidor DNS.
- Definir e configurar subdominios e delegacións de zonas.
- Configurar o cliente DNS.
- Manexar as ferramentas de diagnóstico para poder detectar e corrixir problemas de configuración.
- Instalación e configuración do servizo de DHCP en Windows e Linux.
- Configuración de ámbitos.
- Configuración de reservas.
- Configuración do cliente DHCP.
- Ferramentas de diagnóstico do servizo de DHCP.
- Instalar o servidor IIS en Windows e configurar as súas propiedades máis importantes (porto no que escoita, ficheiros de rexistro, etc.).
- Configurar as opcións do servidor web predeterminado, o seu rendemento e o directorio de almacenamento das páxinas web.
- Publicar páxinas no servidor IIS.
- Creación de novos sitios web con IIS.
- Restrición de permisos para o acceso ao servidor IIS.
- Instalar o servidor Apache en Linux e os distintos módulos dispoñibles para o mesmo.
- Configurar as propiedades máis importantes de Apache (porto no que escoita, ficheiros de rexistro, etc.).
- Publicar páxinas no servidor Apache.
- Creación de novos sitios web con Apache.
- Restrición de permisos para o acceso co servidor Apache.
- Configurar os parámetros máis importantes (conexións, seguridade, privacidade, ficheiros temporais, aparencia, etc.) dos navegadores web máis utilizados.
- Instalar e manexar distintas ferramenta de cliente FTP sobre Windows e Linux, subir e baixar ficheiros a servidor web existentes.
- Instalar o servidor IIS en Windows e configurar as propiedades básicas do servizo FTP.
- Definir distintas restricións de acceso sobre o servidor IIS.
- Instalar o servidor Proftpd en Linux e configurar as súas propiedades básicas.
- Definir distintas restricións de acceso sobre o servidor Proftpd.
- Instalar o servidor proxy squid en Linux e configurar as súas propiedades máis importantes.
- Configurar os navegadores web para conectarse a Internet a través dun servidor proxy.
- Definir restricións de acceso a Internet no servidor squid en base ás direccións dos clientes.
- Instalar o servizo de correo electrónico en Windows e en Linux e configurar as súas propiedades máis importantes.
- Definir contas de correo no servidor.
- Configurar os programas cliente para o acceso ás contas de correo do servidor.
- Manexar ferramentas de escritorio remoto e control remoto (vnc).
- Instalar e configurar distintos servizos de acceso remoto (telnet, ssh, terminal server, X11, NX) en base aos requirimentos indicados.
- Manexar as distintas ferramentas de cliente para o acceso remoto.
Metodoloxía
As sesións de traballo son todas de carácter práctico, aínda que ocasionalmente se poidan desenvolver contidos teóricos.
Nunha sesión inicial daranse a coñecer ó alumnado as normas de traballo no taller, que deberán ser cumpridas para un correcto funcionamento do aula.
O alumnado empregará un ordenador, facéndose responsable do seu equipo así como dos recursos da rede que empregue.
Para o seguimento do módulo empregarase unha ferramenta de aprendizaxe a distancia, moodle, para desenvolver os contidos en forma de curso temporalizado. Cada tema do curso contará cos seguintes apartados:
1.Aprendizaxe de contidos teóricos, buscando información en internet, que permita ao alumnado familiarizarse coa procura de información, para coñecer conceptos teóricos.
2.Realización de cuestionarios, que avalíen os coñecementos adquiridos no apartado anterior.
3.Realización de actividades prácticas, nas que, a partir das indicacións do profesorado, o alumnado porá en funcionamento os diferentes servizos que se inclúen nas distintas unidades didácticas.
O resultado destas actividades serán entregados ao profesor empregando o moodle, en tempo e forma, segundo se indique no enunciado de cada tarefa.
4.En ocasións o alumnado, realizará traballos de investigación bibliográfica sobre un tema proposto polo profesor. Estes traballos poderán ser expostos na clase co obxectivo de que todos os compañeiros poidan analizar e comparar as conclusións obtidas individualmente.
Para a instalación e manexo dos servizos que se indican nas unidades didácticas, o alumnado empregará un rede virtual implementada sobre máquinas virtuais, en sistema oporativo Windows e Linux.
Temporalización
Na seguinte táboa recóllense as sesións (de 50 minutos) adicadas a cada unha das unidades didácticas nas que se distribúen os contidos do módulo:
| Unidade didáctica | Sesións |
|---|---|
| U.D. 1: Servizo DHCP | 9 |
| U.D. 2: Servizo DNS | 18 |
| U.D. 3: Servizo WEB | 36 |
| U.D. 4: Servizo FTP | 18 |
| U.D. 5: Servizo de correo electrónico | 27 |
| U.D. 6: Acceso remoto e administración remota | 25 |
| U.D. 7: Servizo de Proxy | 20 |
Avaliación
Instrumentos de avaliación
Inicialmente procederase a realizar unha proba inicial para establecer o nivel de coñecementos, capacidades e habilidades que o alumno ten, en relación cos contidos a desenvolver neste módulo.
Terase en conta a asistencia continuada a clase, xa que se considera un requisito fundamental para acadar os obxectivos deste módulo.
Tamén se valorará positivamente a participación na clase, así como a boa disposición para o traballo durante as sesións no taller. É importante insistir que o correcto comportamento e colaboración na clase por parte do alumnado é fundamental, podendo restar ata un 30% da nota final aqueles comportamentos en clase de graves faltas de disciplina que impidan o transcurso normal das clases.
Durante cada trimestre o alumnado terá que resolver os cuestionarios de cada unidade didáctica, empregando a aula virtual.
As tarefas realizadas polo alumnado, deberán ser entregados en prazo e forma ao profesor empregando a aula virtual, para que poidan ser validados.
O rematar cada trimestre realizarase unha proba que permita comprobar a consecución por parte dos alumnos, dos obxectivos expresados nesta programación.
Sistemas de cualificación
Serán avaliados os seguintes conceptos, que teñen un peso na nota da avaliación.
| Concepto | Nota |
|---|---|
| Participación e desemvolvemento das clases | 10 % |
| Cuestionarios das unidades didácticas | 10% |
| Tarefas das unidades didácticas | 20 % |
| Proba trimestral | 60 % |
A cualificación final da avaliación será un número enteiro de 1 a 10, resultado de redondear os resultados obtidos seguindo a táboa anterior.
Considéranse aprobados aqueles alumnos e alumnas que obteñan unha cualificación igual ou superior a 5.
Tendo en conta que o correcto comportamento e colaboración na clase por parte dos alumnos é fundamental para o desenvolvemento do módulo, poderase restar ata un 30% da nota final a aqueles alumnos que presenten faltas de comportamento graves que impidan o transcurso normal das clases ou que provoquen deterioros intencionados no material utilizado.
Os alumnos que non superen algunha das avaliacións, serán avaliados nunha convocatoria final no mes de xuño, realizando durante o terceiro trimestre tarefas de recuperación que posibiliten acadar os obxectivos mínimos.
O rematar cada avaliación entregarase un cuestionario para recoller a opinión do alumno acerca do desenvolvemento das clases, coa finalidade de orientar ao profesor e mellorar a seu labor docente. O carácter anónimo do cuestionario, pretende lograr a máxima sinceridade e obxectividade nas respostas.
Plan extraordinario de avaliación
Para o alumnado que perda o dereito a avaliación continua, ou ben aquel alumnado que non supere o proceso ordinario de avaliación, poderá presentarse a avaliación final extraordinaria do módulo consistirá, que consistirá na realización dunha ou varias probas escritas ou prácticas que avalíen os contidos mínimos recollidos nesta programación.
Actividades de recuperación
- Tanto para alumnos que teñan pendente o módulo nos módulos de 1º curso como para os que suspendan na 2ª avaliación nos módulos de 2º
Atención ao alumnado con necesidades educativas especiais
Durante o desenvolvemento do curso prestarase especial atención ao alumnado que presente necesidades educativas especiais ou algún grao de discapacidade, mediante unha secuenciación diferenciada das unidades didácticas, a realización dun maior número de actividades graduadas en dificultade e poñendo á súa disposición os recursos necesarios para a consecución dos obxectivos didácticos fixados nas distintas unidades.
Seguimento e avaliación da programación
No desenvolvemento do curso, farase uso de diversos mecanismos para facer un seguimento e avaliación do planificado na presente programación:
- De xeito continuo, o profesor avaliará na clase a medida en que o alumnado acada de forma xeral os obxectivos fixados nas distintas unidades didácticas. En consecuencia, poderase decidir incidir en determinados contidos e/ou actividades, aumentando se se considera necesario o número de sesións adicadas a unha determinada unidade.
- Ao remate de cada trimestre, o alumnado cubrirá unha enquisa na que valorará diversos aspectos do desenvolvemento do módulo, como a metodoloxía utilizada, as actividades realizadas, os recursos usados, os contidos expostos, etc. O resultado destas enquisas serán utilizados para aplicar as correccións que se consideren oportunas no propio desenvolvemento do curso, así como en vindeiros cursos académicos.
- O profesor recollerá a temporalización real das distintas unidades didácticas, co obxectivo de poder corrixir no propio curso os desfases detectados fronte a temporalización prevista e precisar mellor a temporalización das unidades en vindeiros cursos académicos.
Materiais e recursos didácticos
O profesor proporcionará ao alumnado diverso material través da aula virtual, para desenvolver os contidos indicados nesta programación.
O alumnado terá a súa disposición o libro de aula “Servizos en red” da editorial McGraw-Hill, que servirá de consulta para a realización das prácticas.
Porén, neste segundo curso, e dado que o alumnado xa está próximo a afrontar a súa entrada no mundo laboral, fomentarase a utilización de manuais de referencia e documentación en Internet, co obxectivo de conseguir que as alumnas e alumnos sexan autónomos e poidan resolver polos seus propios medios os problemas que se poidan atopar no contorno laboral. Para conseguilo, o profesor orientará ao alumnado indicando as técnicas de busca máis axeitadas para atopar a información necesario facendo uso deste tipo de recursos
Cada alumno contará con un ordenador para realizar as actividades das clases, e o profesor con un ordenador con canón proxector para expoñer os contidos das mesmas.
Para a realización das tarefas prácticas das unidades didácticas, farase uso de máquinas virtuais que permiten traballar nunha rede virtual baixo os sistemas operativos de Windows e Linux.
