Transmisión sen fíos

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
127.0.0.1 (Conversa)
(Página nueva: O contorno sen fíos é unha opción de rede, ás veces apropiada e outras veces necesaria. Actualmente, os fabricantes ofrecen máis productos a prezos atractivos, o que está increm...)
Edición máis nova →

Revisión como estaba ás 07:48, 28 agosto 2008

O contorno sen fíos é unha opción de rede, ás veces apropiada e outras veces necesaria. Actualmente, os fabricantes ofrecen máis productos a prezos atractivos, o que está incrementando espectacularmente as ventas e a demanda.

A frase de “rede sen fíos” pode levar a engano, xa que da a idea dunha rede completamente libre de cableado, cando na maioría dos casos, isto non é así. Realmente a maioría das redes sen cables constan de compoñentes sen fíos que se comunican cunha rede que utiliza cableado; é unha rede de compoñentes mesturados chamada rede híbrida. As redes sen fíos permiten:

  • Ofrecer conexións temporais a unha rede cableada existente.
  • Aumentar a facilidade da instalación.
  • Facilitar a adaptación e crecemento da rede.
  • Axudar a proporcionar respaldo a unha rede existente.
  • Ofrecer algún grao de mobilidade.
  • Estender as redes mais alá dos límites das conexións físicas e a puntos delicados ou de difícil aceso.

En canto ao mecanismo de transmisión, as redes inalámbricas empregan ondas electromagnéticas de distinta frecuencia que se transmiten polo aire. A frecuencia das ondas transmitidas é a diferencia fundamental entre os distintos tipos de redes inalámbricas. Ademais de influír na velocidade de transmisión, hai que ter en conta que as ondas de alta frecuencia viaxan en liña recta e rebotan ao chocar con obstáculos, mentres que as de baixa frecuencia atravesan todo tipo de obstáculos.

Podemos distinguir tres tipos de redes inalámbricas en base ao seu alcance:

  • WPAN(Wireless Personal Area Network–Rede Inalámbrica de Ámbito Persoal)
  • WLAN(Wireless Local Area Network–Rede Inalámbrica de Área Local)
  • WWAN(Wireless Wide Area Network–Rede Inalámbrica de Área Extensa)
Crear un libro