Fibra óptica

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
(Confección de conectores de fibra óptica)
(Tipos de cable de fibra óptica)
Liña 27: Liña 27:
== Tipos de cable de fibra óptica ==
== Tipos de cable de fibra óptica ==
 +
 +
[[Imaxe:550px-Fibra_optica.svg.png|thumb|right|200px|Tipos de fibra óptica]]
Actualmente utilízanse dous tipos de fibra óptica para a transmisión de datos:
Actualmente utilízanse dous tipos de fibra óptica para a transmisión de datos:
-
[[Imaxe:Tiposcablefibraoptica.jpg|thumb|right|200px]]
 
* '''Fibra monomodo ou de modo único''': Potencialmente, este é o tipo de fibra que ofrece maior capacidade de transmisión. O seu nome ven dado porque os raios de luz transmitidos só seguen unha traxectoria, seguindo o eixe da fibra. Son, pola contra, difíciles de manexar e instalar.
* '''Fibra monomodo ou de modo único''': Potencialmente, este é o tipo de fibra que ofrece maior capacidade de transmisión. O seu nome ven dado porque os raios de luz transmitidos só seguen unha traxectoria, seguindo o eixe da fibra. Son, pola contra, difíciles de manexar e instalar.
* '''Fibra multimodo''': Por ela os raios de luz non seguen a dirección do eixe da fibra, senón que forman un ángulo e rebotan no extremos. Desta forma permiten distintos camiños de luz sobre a mesma fibra. Coa fibra multimodo, a distancia máxima de transmisión do cable é menor.
* '''Fibra multimodo''': Por ela os raios de luz non seguen a dirección do eixe da fibra, senón que forman un ángulo e rebotan no extremos. Desta forma permiten distintos camiños de luz sobre a mesma fibra. Coa fibra multimodo, a distancia máxima de transmisión do cable é menor.
-
 
== Aplicacións do cable de fibra óptica ==
== Aplicacións do cable de fibra óptica ==

Revisión como estaba ás 22:23, 20 setembro 2011

Índice

Características da fibra óptica

No cable de fibra óptica transpórtanse sinais dixitais de datos en forma de pulsos modulados de luz. Esta é unha forma relativamente segura de enviar datos debido a que, a diferencia dos cables de cobre que levan os datos en forma de sinais electrónicos, os cables de fibra óptica transportan impulsos non eléctricos. Isto significa en primeiro lugar que o cable de fibra óptica non se pode pinchar e os seus datos non se poden roubar, pero ademais que a transmisión é insensible a interferencias electromagnéticas externas.

Un sistema de transmisión óptico ten tres compoñentes:

  • A fonte de luz: Encárgase de converter un sinal dixital eléctrico nun sinal óptico. Xeralmente utilízase un pulso de luz para representar un "1" e a ausencia de luz para representar un "0". Esta fonte pode ser un diodo láser (emite un onda láser) ou un diodo LED.
  • O medio de transmisión: Trátase dunha fibra de vidro ultradelgada, que transporta os pulsos de luz.
  • O detector: Encárgase de xerar un pulso eléctrico no momento no que a luz incide sobre el.

O cable de fibra óptica é apropiado para transmitir datos a velocidades moi altas (ata 370 Thz) e con grandes capacidades debido á carencia de atenuación do sinal e a súa pureza.

Unha fibra óptica consta dun cilindro de vidro extremadamente delgado, denominado núcleo, recuberto por unha capa de vidro concéntrica, coñecida como revestimento. As fibras a veces son de plástico. O plástico é más fácil de instalar, pero non pode levar os pulsos de luz a distancias tan grandes como o vidro. Na transmisión, o sinal é conducido polo interior do núcleo, sen poder escapar del debido ás reflexións internas totais que se producen, impedindo tanto o escape de enerxía cara o exterior coma a adición de novas sinais externas. Varios cables de fibra poden agruparse en haces utilizando unha funda exterior.

Debido a que os fíos de vidro pasan os sinais nunha soa dirección, un cable consta de dous haces en envolturas separadas: un fío transmite e o outro recibe. Unha capa de plástico de reforzo ó redor de cada fío de vidro e as fibras Kevlar ofrecen solidez. No conector de fibra óptica, as fibras de Kevlar colócanse entre os dous cables. Ó igual que os seus homólogos (par trenzado e coaxial), os cables de fibra óptica encérranse nun revestimento de plástico para a súa protección.


Tipos de cable de fibra óptica

Tipos de fibra óptica

Actualmente utilízanse dous tipos de fibra óptica para a transmisión de datos:


  • Fibra monomodo ou de modo único: Potencialmente, este é o tipo de fibra que ofrece maior capacidade de transmisión. O seu nome ven dado porque os raios de luz transmitidos só seguen unha traxectoria, seguindo o eixe da fibra. Son, pola contra, difíciles de manexar e instalar.
  • Fibra multimodo: Por ela os raios de luz non seguen a dirección do eixe da fibra, senón que forman un ángulo e rebotan no extremos. Desta forma permiten distintos camiños de luz sobre a mesma fibra. Coa fibra multimodo, a distancia máxima de transmisión do cable é menor.

Aplicacións do cable de fibra óptica

Podemos ver na seguinte táboa as aplicacións e características dos distintos tipo de fibra:

Tipos de fibra Km Aplicacións
Monomodo >10000 Cables submarinos, cables interurbanos a 140 e 565 Mb/s
Multimodo I.G. 400 - 1500 Rotas urbanas ou provinciais ata 140 Mb/s, transmisións de TV dixital
Multimodo S.I con revestimento de vidro 100 - 400 Redes de abonado distribución de TV, redes locais
Multimodo S.I con revestimento plástico 15-20 / 5-10 Transmisión de datos, redes locais e punto a punto, aplicacións militares


Confección de conectores de fibra óptica

Ferramentas persoais
Crear un libro