Clases de liñas de comunicación

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
m (Protexeu "Clases de liñas de comunicación" [edit=autoconfirmed:move=autoconfirmed])

Revisión como estaba ás 15:24, 25 setembro 2008

En función do propietario das liñas que permiten a conexión dunha rede, podemos falar de tres tipos de liñas:

  • Liñas privadas: Dise que unha liña é privada cando ten un propietario e só son utilizadas polo seu propietario. As liñas utilizadas nas redes de área local son privadas, xa que todo o seu percorrido é propiedade do dono da rede.
  • Liñas públicas: Normalmente están en poder das compañías telefónicas e, polo tanto, teñen un ámbito de actuación nacional ou supranacional. O usuario dunha liña pública contrata os servizos de comunicacións coa compañía que lle subministra a liña en réxime de aluguer.
  • Liñas adicadas: Unha liña pode ser pública, pero iso non significa que sexa exclusiva para quen a aluga. Nunha liña pública mestúranse datos de diferentes usuarios, aínda que a rede se encargue de que cada dato chegue ó seu destino correcto. En ocasións interesa que a liña de datos pública só poida ser utilizada con exclusividade por dous usuarios ou por dous equipos concretos. Dise entón que a liña de comunicacións é adicada.
Ferramentas persoais
Crear un libro