Fibra óptica
De Wiki do Pazo da Mercé
m (Protexeu "Fibra óptica" [edit=autoconfirmed:move=autoconfirmed]) |
|||
| Liña 1: | Liña 1: | ||
== Características da fibra óptica == | == Características da fibra óptica == | ||
| - | No cable de fibra óptica transpórtanse sinais dixitais de datos en forma de pulsos modulados de luz. Esta é unha forma relativamente segura de enviar datos debido a que, a diferencia dos cables de cobre que levan os datos en forma de sinais electrónicos, os cables de fibra óptica transportan impulsos non eléctricos. Isto significa en primeiro lugar que o cable de fibra óptica non se pode pinchar e os seus datos non se poden roubar, pero ademais que a transmisión é insensible a interferencias electromagnéticas externas. | + | No cable de [http://es.wikipedia.org/wiki/Fibra_%C3%B3ptica fibra óptica] transpórtanse sinais dixitais de datos en forma de pulsos modulados de luz. Esta é unha forma relativamente segura de enviar datos debido a que, a diferencia dos cables de cobre que levan os datos en forma de sinais electrónicos, os cables de fibra óptica transportan impulsos non eléctricos. Isto significa en primeiro lugar que o cable de fibra óptica non se pode pinchar e os seus datos non se poden roubar, pero ademais que a transmisión é insensible a interferencias electromagnéticas externas. |
Un sistema de transmisión óptico ten tres compoñentes: | Un sistema de transmisión óptico ten tres compoñentes: | ||
Revisión como estaba ás 21:08, 7 outubro 2008
Características da fibra óptica
No cable de fibra óptica transpórtanse sinais dixitais de datos en forma de pulsos modulados de luz. Esta é unha forma relativamente segura de enviar datos debido a que, a diferencia dos cables de cobre que levan os datos en forma de sinais electrónicos, os cables de fibra óptica transportan impulsos non eléctricos. Isto significa en primeiro lugar que o cable de fibra óptica non se pode pinchar e os seus datos non se poden roubar, pero ademais que a transmisión é insensible a interferencias electromagnéticas externas.
Un sistema de transmisión óptico ten tres compoñentes:
- A fonte de luz: Encárgase de converter un sinal dixital eléctrico nun sinal óptico. Xeralmente utilízase un pulso de luz para representar un "1" e a ausencia de luz para representar un "0". Esta fonte pode ser un diodo láser (emite un onda láser) ou un diodo LED.
- O medio de transmisión: Trátase dunha fibra de vidro ultradelgada, que transporta os pulsos de luz.
- O detector: Encárgase de xerar un pulso eléctrico no momento no que a luz incide sobre el.
O cable de fibra óptica é apropiado para transmitir datos a velocidades moi altas (ata 370 Thz) e con grandes capacidades debido á carencia de atenuación do sinal e a súa pureza.
Unha fibra óptica consta dun cilindro de vidro extremadamente delgado, denominado núcleo, recuberto por unha capa de vidro concéntrica, coñecida como revestimento. As fibras a veces son de plástico. O plástico é más fácil de instalar, pero non pode levar os pulsos de luz a distancias tan grandes como o vidro. Na transmisión, o sinal é conducido polo interior do núcleo, sen poder escapar del debido ás reflexións internas totais que se producen, impedindo tanto o escape de enerxía cara o exterior coma a adición de novas sinais externas. Varios cables de fibra poden agruparse en haces utilizando unha funda exterior.
Debido a que os fíos de vidro pasan os sinais nunha soa dirección, un cable consta de dous haces en envolturas separadas: un fío transmite e o outro recibe. Unha capa de plástico de reforzo ó redor de cada fío de vidro e as fibras Kevlar ofrecen solidez. No conector de fibra óptica, as fibras de Kevlar colócanse entre os dous cables. Ó igual que os seus homólogos (par trenzado e coaxial), os cables de fibra óptica encérranse nun revestimento de plástico para a súa protección.
Tipos de cable de fibra óptica
Actualmente utilízanse dous tipos de fibra óptica para a transmisión de datos:
- Fibra monomodo ou de modo único: Potencialmente, este é o tipo de fibra que ofrece maior capacidade de transmisión. O seu nome ven dado porque os raios de luz transmitidos só seguen unha traxectoria, seguindo o eixe da fibra. Son, pola contra, difíciles de manexar e instalar.
- Fibra multimodo: Por ela os raios de luz non seguen a dirección do eixe da fibra, senón que forman un ángulo e rebotan no extremos. Desta forma permiten distintos camiños de luz sobre a mesma fibra. Coa fibra multimodo, a distancia máxima de transmisión do cable é menor.
Aplicacións do cable de fibra óptica
Podemos ver na seguinte táboa as aplicacións e características dos distintos tipo de fibra:
| Tipos de fibra | Km | Aplicacións |
|---|---|---|
| Monomodo | >10000 | Cables submarinos, cables interurbanos a 140 e 565 Mb/s |
| Multimodo I.G. | 400 - 1500 | Rotas urbanas ou provinciais ata 140 Mb/s, transmisións de TV dixital |
| Multimodo S.I con revestimento de vidro | 100 - 400 | Redes de abonado distribución de TV, redes locais |
| Multimodo S.I con revestimento plástico | 15-20 / 5-10 | Transmisión de datos, redes locais e punto a punto, aplicacións militares |



