Método aloha

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
Antonio (Conversa | contribucións)
(Nova páxina: É o método de control de acceso ao medio máis básico e simple. Podemos diferenciar dúas variantes: == Aloha puro == Neste método, os equipos transmiten no momento que teñan in...)
Edición máis nova →

Revisión como estaba ás 23:51, 9 decembro 2008

É o método de control de acceso ao medio máis básico e simple. Podemos diferenciar dúas variantes:

Aloha puro

Neste método, os equipos transmiten no momento que teñan información que transmitir. Cando se produce unha colisión, o equipo emisor espera un tempo aleatorio antes de retransmitir a información.

É un método pouco eficaz, xa que o índice de colisións é elevado.


Aloha ranurado

O tempo para transmitir divídese en ranuras, de forma que cando un equipo ten datos para transmitir debe esperar ao comezo dunha nova ranura. Desta forma redúcense as colisións, pois se se está transmitindo unha trama e un equipo ten datos, este debe esperar ao comezo dunha nova ranura. Así, as colisións só se poden producir ao comezo de cada ranura.

A ranura debe ser o suficientemente grande como para que se poida transmitir unha trama de datos de extremo a extremo (é dicir, de un equipo a outro).

Ferramentas persoais
Crear un libro