Método de prioridade por demandas

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
Antonio (Conversa | contribucións)
(Nova páxina: Está baseado no feito de que a rede se compón de dous compoñentes: os nodos repetidores ou ''hubs'' e os finais. Os repetidores xestionan o acceso á rede facendo búsquedas nunha c...)

Revisión actual ás 20:51, 10 decembro 2008

Está baseado no feito de que a rede se compón de dous compoñentes: os nodos repetidores ou hubs e os finais. Os repetidores xestionan o acceso á rede facendo búsquedas nunha cola circular (round-robin) de peticións de envío de todos os nodos de rede. O repetidor é o responsable de coñecer todas as direccións, enlaces e nodos finais, e de comprobar que todos están funcionando.

Ao igual que en CSMA/CD, dous equipos que utilicen o método de acceso con prioridade de demandas poden causar contención se transmiten exactamente no mesmo instante. Sen embargo, con prioridade de demandas, é posible implementar un esquema en que certos tipos de datos teñan prioridade se existe contención. Se o repetidor recibe dúas peticións ao mesmo tempo, primeiro se servirá a petición que teña maior prioridade. Se as dúas peticións teñen a mesma prioridade, ambas se servirán alternando entre as dúas.

Polo tanto, neste tipo de acceso as transmisións realízanse sempre a través do repetidor ou hub, en lugar de enviarse a todos os equipos da rede. Os equipos non compiten por acceder ao cable, senón traballan baixo o control centralizado do hub.

Crear un libro