O mecanismo de encamiñamento
De Wiki do Pazo da Mercé
(Nova páxina: Para entender como funciona o mecanismo de encamiñamento en IP, imos primeiro a tratar o funcionamento nos ''routers'' para ver despois como é o funcionamento nas estacións finais (...)
Edición máis nova →
Revisión como estaba ás 22:23, 7 xaneiro 2009
Para entender como funciona o mecanismo de encamiñamento en IP, imos primeiro a tratar o funcionamento nos routers para ver despois como é o funcionamento nas estacións finais (hosts).
Cada router dispón dunha táboa cos posibles destinos en forma de direccións IP. En cada fila desa táboa especifícase a dirección das redes ás que se pode chegar e a dirección IP do porto do encamiñador polo que debe saír a mensaxe, así como outros datos como número de encamiñadores intermedios que é necesario atravesar. Estas táboas as utiliza o protocolo de encamiñamento dinámico (RIP ou OSPF) e se actualizan dinamicamente mediante o envío de información entre os encamiñadores.
A mesma dirección IP de destino pode aparecer varias veces na táboa, xa que en moitas ocasións existen varias rutas distintas que alcanzan un mesmo destino. Por exemplo, se temos a rede da seguinte figura, as táboas de enrutamento dos distintos routers son:
Encamiñador A:
| Rede destino | Seguinte | Saltos |
|---|---|---|
| 216.89.3.0 | 216.89.3.1 | 0 |
| 198.64.126.0 | 198.64.126.1 | 0 |
| 188.119.0.0 | 198.64.126.20 | 1 |
| default | 198.64.126.21 | 1 |

