Asignación dinámica de direccións. Protocolo DHCP

De Wiki do Pazo da Mercé

(Diferenzas entre revisións)
Antonio (Conversa | contribucións)
(Nova páxina: O protocolo '''DHCP''' (''Dynamic Host Configuration Protocol'' ou Protocolo de Configuración Dinámica de Estación) permite ás estacións da rede que se lles asigne unha dirección...)
Edición máis nova →

Revisión como estaba ás 22:48, 7 xaneiro 2009

O protocolo DHCP (Dynamic Host Configuration Protocol ou Protocolo de Configuración Dinámica de Estación) permite ás estacións da rede que se lles asigne unha dirección IP automaticamente cando se conectan á rede. Así, as direccións permanecen libres mentres non se necesitan.

Para iso, a estación solicita unha dirección enviando unha mensaxe de broadcast, que é procesado por unha estación da rede que actúa como servidor DHCP. Esta estación servidora mantén unha táboa de direccións libres e asignadas na rede. Unha vez que o cliente recibe a dirección, confirma ao servidor DHCP cal é a IP tomada. Así o servidor ten constancia de que esa dirección xa está asignada.

Esta opción de direccionamento dinámico é moi utilizada tanto en Internet, co obxectivo de poder facer uso de menos direccións IP e repartilas así só entre os equipos conectados en cada momento á rede; e nas redes de área local, co obxectivo de simplificar a administración dos equipos, xa que a configuración de direccións IPs está centralizada no servidor.

Ademais, o servidor DCHP permite normalmente opcións avanzadas para, por exemplo, poder reservar unha dirección IP para unha dirección MAC determinada, de forma que sempre se lle asigne a mesma. Desta forma temos unha dirección IP fixa para o equipo establecida dinamicamente.

Crear un libro