Protocolos de nivel de aplicación
De Wiki do Pazo da Mercé
(Nova páxina: == Protocolos de acceso remoto (Telnet, SSH) == Os protocolos de acceso remoto permiten abrir unha sesión dende un equipo nun equipo remoto. O equipo recolle as pulsacións de teclad...)
Edición máis nova →
Revisión como estaba ás 23:19, 7 xaneiro 2009
Índice |
Protocolos de acceso remoto (Telnet, SSH)
Os protocolos de acceso remoto permiten abrir unha sesión dende un equipo nun equipo remoto. O equipo recolle as pulsacións de teclado e as envía directamente ó equipo remoto, polo que realmente é como se estiveras traballando nel.
Os protocolos telnet e ssh permiten establecer sesións remotas en modo texto, introducindo comandos no equipo remoto e obtendo resultados de texto. A diferencia entre telnet e ssh está na seguridade; xa que mentres que telnet envía toda a información pola rede sen cifrar, de forma que pode ser espiada con relativa facilidade, ssh utiliza mecanismos de cifrado para protexer a información que transmite pola rede.
Hoxe en día existen protocolos de acceso remoto en modo gráfico, que nos permiten abrir sesións gráficas nun equipo remoto e traballar como se estivésemos sentados diante del.
Protocolo de transferencia de ficheiros (FTP)
O protocolo FTP (File Transfer Protocol) ten como obxectivo a transferencia de ficheiros entre dous equipos conectados por unha rede TCP/IP. Un equipo actúa de cliente FTP, mentres que o outro será o servidor FTP, sobre o que se poden efectuar descargas ou subidas de ficheiros.
Protocolo de acceso á web (HTTP, HTTPS)
Os protocolos HTTP e HTTPS son os utilizados para a transmisión das páxinas web entre o cliente web (navegador) e o servidor web. A diferencia que presenta HTTPS é a de cifrar toda a información transmitida, de forma que non se poida espiar o contido da mesma.
Protocolos de xestión de correo electrónico (POP, SMTP)
Estes protocolos, entre outros, son utilizados para enviar e recibir correo electrónico. O protocolo SMTP utilízase para o envío de correos, mentres que POP3 é utilizado para a recepción de correos.
