Transmisión sen fíos

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 09:41, 27 setembro 2011
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Índice

Características das transmisións sen fíos

O contorno sen fíos é unha opción de rede, ás veces apropiada e outras veces necesaria. Actualmente, os fabricantes ofrecen máis productos a prezos atractivos, o que está incrementando espectacularmente as ventas e a demanda.

A frase de “rede sen fíos” pode levar a engano, xa que da a idea dunha rede completamente libre de cableado, cando na maioría dos casos, isto non é así. Realmente a maioría das redes sen cables constan de compoñentes sen fíos que se comunican cunha rede que utiliza cableado; é unha rede de compoñentes mesturados chamada rede híbrida. As redes sen fíos permiten:

  • Ofrecer conexións temporais a unha rede cableada existente.
  • Aumentar a facilidade da instalación.
  • Facilitar a adaptación e crecemento da rede.
  • Axudar a proporcionar respaldo a unha rede existente.
  • Ofrecer algún grao de mobilidade.
  • Estender as redes mais alá dos límites das conexións físicas e a puntos delicados ou de difícil aceso.

En canto ao mecanismo de transmisión, as redes sen fíos empregan ondas electromagnéticas de distinta frecuencia que se transmiten polo aire. A frecuencia das ondas transmitidas é a diferencia fundamental entre os distintos tipos de redes sen fíos Ademais de influír na velocidade de transmisión, hai que ter en conta que as ondas de alta frecuencia viaxan en liña recta e rebotan ao chocar con obstáculos, mentres que as de baixa frecuencia atravesan todo tipo de obstáculos.

Tipos de redes sen fíos

Podemos distinguir os seguintes tipos de redes sen fíos en base ao seu alcance:

  • WPAN(Wireless Personal Area Network–Rede Sen Fíos de Ámbito Persoal)
  • WLAN(Wireless Local Area Network–Rede Sen Fíos de Área Local)
  • WMAN (Wireless Metropolitan Area Network–Rede Sen Fíos de Área Metropolitana)
  • WWAN(Wireless Wide Area Network–Rede Sen Fíos de Área Extensa)

Redes WPAN

Auricular para teléfono móvil por Bluetooth

Estas redes están pensadas para cubrir unha áreas do tamaño dunha habitación e a súa finalidade é a da conexión de dispositivos diversos, como o teléfono móbil, unha axenda electrónica (PDA), etc. Nas WPAN utilízanse as seguintes tecnoloxías:

  • Transmisión infravermella: Utilizan un raio de luz infravermella para levar os datos entre os dispositivos (Frecuencias de 300 GHz a 384 THz). Estes sistemas precisan xenerar sinais moi fortes, porque os sinais débiles son susceptibles a interferencias dende fontes de luz.
    Este método pode transmitir sinais a altas velocidades debido ao grande ancho de banda da luz infravermella. Unha rede infravermella normalmente pode transmitir a 10 Mbps.
    As transmisións por infravermellos teñen unha serie de inconvenientes importantes, que impiden utilizalas en redes máis extensas. En primeiro lugar, aínda que hai distintos tipos de redes infravermellas, a maioría delas requiren que os equipos teñan alcance visual para poder comunicarse. Ademáis, os infravermellos teñen dificultade para transmitir a distancias maiores de 30,5 metros. Por último, están supeditados a interferencias da forte luz ambiental que se atopa nos contornos comerciais.
  • Transmisión por radio de amplio espectro: Esta técnica utiliza ondas de radio (2,4 Ghz) para a transmisión do sinal polo aire. A radio de amplio espectro transmite sinais dentro dun rango de frecuencias. As frecuencias dispoñibles divídense en canles, coñecidos como hops ou saltos.
    A tecnoloxía bluetooth utiliza este tipo de transmisión, e define unha canle de comunicación dun máximo de 3 Mbps cunha distancia óptima de 10 m podendo chegar ata 100m en función da potencia de emisión. Vemos polo tanto que proporciona un ancho de banda menor que a transmisión por infravermellos, pero ten a vantaxe de poder atravesar obxectos sólidos, e non obrigar polo tanto a que os dispositivos teñan contacto visual.

Redes WLAN

Tarxeta de rede inalámbrica
Punto de acceso

Son as redes que cubren o ámbito dunha casa, unha oficina ou o dun edificio dunha empresa, unindo os distintos equipos da mesma.

Excepto polo medio utilizado, estas redes sen fíos operan de forma similar a unha LAN cableada: en cada un dos equipos instálase unha tarxeta de rede sen fíos cun transceptor, e os usuarios comunícanse coa rede como se estiveran utilizando equipos con cables.

Outro transceptor, tamén chamado punto de aceso ou unidade base, transmite e recibe sinais dos equipos circundantes e pasa datos entre os equipos sen fíos e a rede cableada. Estas LAN sen fíos utilizan pequenos transceptores fixados na parede para conectarse á rede con fíos. Estes transceptores establecen contacto por radio cos dispositivos de rede.

Unha das tecnoloxías deste tipo máis utilizadas na actualidade para as WLAN é a tecnoloxía WI-FI, que permite velocidades de 11 Mbps , 54 Mbps e 300 Mbps, utilizando ondas de radio 2,4 e 5 GHz.

Sen embargo, non sempre teñen porque instalarse puntos de aceso nas redes WLAN (aínda que é o máis usual). Podemos distinguir dous tipos de arquitecturas para as WLAN:

  • Modo ordenador-ordenador ou ad-hoc: Simplemente se dota a cada equipo dunha tarxeta de rede sen fíos para que todos se comuniquen con todos.
  • Modo infraestrutura: Introducindo unha unidade base, permite conectar a rede sen fíos a unha rede cableada.

Redes WMAN

Para redes de área metropolitana destacan as tecnoloxías baseadas en WiMAX (Worldwide Interoperability for Microwave Access, é dicir, Interoperabilidade Mundial para Acceso con Microondas), un estándar de comunicación sen fíos baseado en la norma IEEE 802.16. En comparación con Wi-Fi, WiMAX ofrece máis cobertura e ancho de banda. Tamén podemos atopar outros sistemas de comunicación como LMDS (Local Multipoint Distribution Service).

Redes WWAN

Enlace vía satélite

Son as redes que cubren áreas máis amplas, como unha cidade, un país, etc. Dentro deste tipo de redes destacan as tecnoloxías de telefonía móbil, como GSM, GPRS, UMTS (que mellora a velocidade ata case 2 Mpbs) e a máis moderna HSDPA que pode chegar a 14 Mbps.

Pero as redes de ordenadores tamén utilizan en moitos casos conexións inalámbricas en redes de área extensa, ben entre edificios ou en conexións vía satélite. Nas redes WWAN utilízase a transmisión por enlaces de microondas (ondas electromagnéticas de alta frecuencia que poden ir de 1 GHz a 300 GHz), que poden utilizarse para conectar dous puntos a longa distancia sempre que sexan visibles un co outro. Utilízanse en casos como:

  • Enlaces de satélite a terra.
  • Entre dous edificios.
  • A través de grandes áreas uniformes e abertas, como extensións de auga ou desertos.

Un sistema de microondas consta de:

  • Dous transceptores de radio: un para xerar (estación de transmisión) e outro para recibir (estación de recepción) a transmisión.
  • Dúas antenas orientables apuntadas fronte a fronte para realizar a transmisión de sinais polos transceptores. Estas antenas, a miúdo, instálanse en torres para evitar todo o que poidera bloquear os seus sinais.
Ferramentas persoais
Crear un libro