Compartir carpetas en Linux con NFS
De Wiki do Pazo da Mercé
Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 21:26, 25 maio 2009
Índice |
Funcionamento de NFS
O servizo NFS (Network File System) permite compartir directorios entre distintas máquinas Linux.
O funcionamento do sistema NFS baséase na montaxe nun directorio local da máquina cliente do directorio remoto ao que se quere acceder. Unha vez montado o directorio remoto, o cliente accede a el igual que se fose un directorio do seu disco duro local.
Instalación do cliente e servidor de NFS
Para poder utilizar o sistema de ficheiros NFS teremos que instalar dous paquetes básicos: Nfs-utils: Servidor NFS, que deberá executar o equipo que comparta os directorios ó exterior Nfs-utils-clients: Cliente NFS, que utilizará o cliente que queira acceder a directorios compartidos noutros equipos remotos
