Características das imaxes dixitais: formatos

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 14:50, 10 xaneiro 2010

Cando se almacena unha imaxe nun ordenador, teremos que utilizar un formato dixital para representala en forma de uns e ceros, xa que toda a información que almacena un ordenador tense que facer en forma de bits. Sen embargo, as sinais do mundo real son de natureza analóxica,

Dependendo da forma que se usa para facer esta tradución, distinguimos dous tipos de formatos de imaxes:

  • Formato de mapa de bits:
    • Neste tipo de formatos, a imaxe se divide nunha rexilla en filas e columnas, onde cada cela desta rexilla recibe o nome de píxel.
    • A cada píxel da imaxe se lle asignará unha cor, e a profundidade de cor marcará o número de cores posibles para cada píxel da imaxe.
    • O principal inconveniente deste tipo de formatos é que cando se amplían as imaxes, a calidade das mesmas se reduce considerablemente, xa que a partir dun momento o aumento do tamaño dos píxels provoca que a imaxe se visualice en cadrados (imaxe pixelada).
    • O tamaño que ocupará a imaxe dependerá do número de píxeles que a forman (resolución da imaxe) e da profundidade de cor (bits por píxel), aínda que tamén dependerá do nivel de compresión que permita o formato de imaxe que utilicemos.
    • Os formatos de mapa de bits mais destacables son: Windows bitmap, GIF, JPEG, PNG e TIFF.
  • Formato vectorial:
    • Este tipo de formatos almacenan as imaxes en base a formas xeométricas. De cada unha destas formas xeométricas, se almacena as súas propiedades matemáticas, posición, cor, etc.
    • Estas imaxes teñen como vantaxe que se poden ampliar se perda de calidade, pero como principal inconveniente que non representan directamente o mundo real, senón que requiren unha transformación da realidade a formas xeométricas.
    • Os formatos vectorais mais destacables son: SVG, SWF e WMF.
Crear un libro