Elementos do cableado estruturado
De Wiki do Pazo da Mercé
right|thumb|300px|Esquema de cableado estruturado
As normas definidas para o cableado definen unha serie de categorías de cable que garanten unhas determinadas prestacións nas transmisións no mesmo. Desta maneira defínense as bases do cableado estruturado, establecendo os tipos de cable que se utilizarán nas distintas liñas de comunicación da rede.
Ademáis, o cableado estruturado define a organización que se debe seguir á hora de cablear un edificio. Cando o número de dispositivos que utilizamos e a cantidade de cable é grande, é moi importante seguir estas normas para conseguir unha boa organización e estrutura física da rede.
O cableado estruturado, para comezar, distingue entre o cableado horizontal, que une os equipos dunha planta na rede, e o cableado vertical ou backbone, que une as distintas plantas do edificio.
Mediante esta división, establécese unha plataforma estandarizada e aberta para a distribución do cableado co obxectivo de obter as mellores prestacións da rede. Ademáis, o cableado estruturado incorpora unha serie de elementos que mellora a organización e o funcionamento da rede, como son:
- Armarios ou racks de distribución: Os armarios ou racks de distribución poden crear máis sitio para os cables naqueles lugares onde non hai moito espazo libre no chan. O seu uso axuda a organizar unha rede que ten moitas conexións.
- Paneis de conexións ou de parcheo: Colocados dentro dos armarios de distribución, serven para organizar mellor o cableado que vai conectarse nos dispositivos de interconexión.
- Canaletas: Son estruturas normalmente de plástico que se adosan á parede ou ao chan e recollen o cableado no seu interior. As canaletas tabicadas incluen unha separación interior para separar os cables de datos dos cables de alimentación.
- Bridas, tubos corrugados e etiquetas identificativas: Elementos plásticos que permiten agrupar e identificar os distintos cables.
- Rosetas: Estes conectores RJ-45 dobres ou simples conéctanse en paneis de conexións e placas de parede.
- POP (Point of Presence): Lugar onde a operadora de telecomunicacións instala o seu punto de acceso.
- IDF/MDF (Intermediate/Main Distribution Facility): Son os lugares onde se situan os equipos: racks de distribución, concentradores, conmutadores, enrutadores, servidores.
- O EIA especifica que debe haber 1 IDF por cada 1000 m2 de área de traballo
- O MDFé o máis próximo ao POP, e conéctase a el para dar o acceso á WAN. Os IDF conéctanse entre si a través do MDF.
Imagen:Rosetas.jpg
Roseta simple e dobre |
