Modelo de programación de módulo

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 00:12, 3 setembro 2010

Índice

Introdución

  • Incluír a duración total do módulo e reparto en sesións semanais, e o curso no que se imparte

Obxectivos xerais do módulo

Desenvolvemento curricular das unidades didácticas

Unidade didáctica 1: Título

Obxectivos didácticos

Contidos

  • Non separar conceptuais, procedimentais e actitudinais

Actividades

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

  • Son as capacidades ou actividades que o alumnado fará para poder avaliar que se conseguiron os obxectivos marcados na unidade (Ver esta páxina)
  • Poden tomarse como referencia os do currículo do ciclo, aínda que poden ampliarse ou concretarse máis

Contidos mínimos

Metodoloxía

Temporalización

Avaliación

Instrumentos de avaliación

  • Actividades, prácticas, probas, etc. que se usarán para realizar a avaliación do alumnado seguindo os criterios de avaliación
  • Establecer a súa correspondencia no posible cos criterios de avaliación

Sistemas de cualificación

  • Explicar como se obterá a cualificación do alumnado, asignando puntos aos distintos instrumentos de cualificación
  • Importante deixar un porcentaxe da nota que se pode baixar en caso de mal comportamento, mal uso ou deterioro intencionado do material, etc.

Plan extraordinario de avaliación

  • Procesos para a avaliación do alumnado que perda o dereito á avaliación continua ou non supere o plan ordinario de avaliación

Actividades de recuperación

  • Tanto para alumnos que teñan pendente o módulo nos módulos de 1º curso como para os que suspendan na 2ª avaliación nos módulos de 2º

Atención ao alumnado con necesidades educativas especiais

Durante o desenvolvemento do curso prestarase especial atención ao alumnado que presente necesidades educativas especiais ou algún grao de discapacidade, mediante unha secuenciación diferenciada das unidades didácticas, a realización dun maior número de actividades graduadas en dificultade e poñendo á súa disposición os recursos necesarios para a consecución dos obxectivos didácticos fixados nas distintas unidades.

Seguimento e avaliación da programación

No desenvolvemento do curso, farase uso de diversos mecanismos para facer un seguimento e avaliación do planificado na presente programación:

  • De xeito continuo, o profesor avaliará na clase a medida en que o alumnado acada de forma xeral os obxectivos fixados nas distintas unidades didácticas. En consecuencia, poderase decidir incidir en determinados contidos e/ou actividades, aumentando se se considera necesario o número de sesións adicadas a unha determinada unidade.
  • Ao remate de cada trimestre, o alumnado cubrirá unha enquisa na que valorará diversos aspectos do desenvolvemento do módulo, como a metodoloxía utilizada, as actividades realizadas, os recursos usados, os contidos expostos, etc. O resultado destas enquisas serán utilizados para aplicar as correccións que se consideren oportunas no propio desenvolvemento do curso, así como en vindeiros cursos académicos.
  • O profesor recollerá a temporalización real das distintas unidades didácticas, co obxectivo de poder corrixir no propio curso os desfases detectados fronte a temporalización prevista e precisar mellor a temporalización das unidades en vindeiros cursos académicos.

Materiais e recursos didácticos

Ferramentas persoais
Crear un libro