Programación xeral do departamento de informática
De Wiki do Pazo da Mercé
Funcións asumidas polo departamento
O departamento de informática está formado neste curso académico por catro profesores con destino definitivo no centro e un profesor con destino provisional. Detállase a continuación a carga de docencia asignada ao departamento e o profesorado que a asume.
- Ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes:
- 1º curso:
- Módulo de Montaxe e Mantemento de Equipos: Carlos Lorenzo González-Viso
- Módulo de Aplicacións Ofimáticas: Juan Carlos López Díaz
- Módulo de Sistemas Operativos Monoposto: Carlos Lorenzo González-Viso
- Módulo de Redes Locais: Euloxio Corbacho Lorenzo
- 2º curso:
- Módulo de Aplicacións Web: Nuria Pérez Crespo
- Módulo de Seguridade Informática: Antonio de Andrés Lema
- Módulo de Servizos en Rede: Nuria Pérez Crespo
- Módulo de Sistemas Operativos en Rede: Juan Carlos López Díaz
- 1º curso:
- ESO:
- Materia de informática de 4º curso (2 grupos): Antonio de Andrés Lema e Euloxio Corbacho Lorenzo
Ademais, dentro do departamento asúmense as seguintes funcións:
- Titoría de 1º curso do ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes: Carlos Lorenzo González-Viso
- Titoría de 2º curso do ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (Titoría e coordinación da Formación en Centros de Traballo): Nuria Pérez Crespo
- Xefatura do departamento: Antonio de Andrés Lema
- Dinamización das TIC no centro: Antonio de Andrés Lema, Carlos Lorenzo González-Viso e Nuria Pérez Crespo
- Coordinación do proxecto Abalar: Juan Carlos López Díaz
- Mantemento e dinamización da páxina web do centro: Carlos Lorenzo González-Viso
Obxectivos xerais do ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes
Ademais dos obxectivos xerais recollidos nas programacións dos distintos módulos do ciclo, da análise realizada dos resultados das avaliacións feitas en cursos pasados tanto ao alumnado que xa rematou o ciclo como ás empresas que colaboraron na realización da FCT, conclúense os seguintes obxectivos xerais que serán traballados de forma transversal:
- Comprender e manexar textos técnicos e vocabulario técnico en Inglés.
- Comprender e asumir hábitos correctos na realización do traballo: Participación activa, limpeza, puntualidade, etc.
Actividades complementarias
Prevese realizar, polo menos, unha saída por trimestre para visitar empresas ou organismos que permitan coñecer a aplicación práctica dos contidos desenvolvidos nas aulas.
As saídas previstas para este curso son as seguintes:
| Trimestre | Actividade |
|---|---|
| 1º | Visita ao SIMO (5-7 de outubro), en Madrid |
| 1º | Visita a Inditex (2 de novembro), na Coruña |
| 2º | Visita ao CPDs do CIXTEC e o Sergas (data aínda sen concertar), en Santiago de Compostela |
| 2º | Xornadas de software libre no IES A pinguela (data aínda sen concertar), en Monforte de Lemos |
| 3º | Visita ao CPD do Banco Pastor (data aínda sen concertar), na Coruña |
