Programación xeral do departamento de informática

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Carlos (Conversa | contribucións) ás 08:14, 29 setembro 2011

Funcións asumidas polo departamento

O departamento de informática está formado neste curso académico por catro profesores con destino definitivo no centro e un profesor con destino provisional. Detállase a continuación a carga de docencia asignada ao departamento e o profesorado que a asume.

  • Ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes:
    • 1º curso:
      • Módulo de Montaxe e Mantemento de Equipos: Carlos Lorenzo González-Viso
      • Módulo de Aplicacións Ofimáticas: Juan Carlos López Díaz
      • Módulo de Sistemas Operativos Monoposto: Carlos Lorenzo González-Viso
      • Módulo de Redes Locais: Antonio de Andrés Lema
    • 2º curso:
      • Módulo de Aplicacións Web: Nuria Pérez Crespo
      • Módulo de Seguridade Informática: Antonio de Andrés Lema
      • Módulo de Servizos en Rede: Nuria Pérez Crespo
      • Módulo de Sistemas Operativos en Rede: Juan Carlos López Díaz
  • ESO:
    • Materia de informática de 4º curso: Antonio de Andrés Lema

Ademais, dentro do departamento asúmense as seguintes funcións:

  • Titoría de 1º curso do ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes: Katia Souto Sesto
  • Titoría de 2º curso do ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (Titoría e coordinación da Formación en Centros de Traballo): Nuria Pérez Crespo
  • Xefatura do departamento: Carlos Lorenzo González-Viso
  • Dinamización das TIC no centro:
  • Coordinación do proxecto Abalar:
  • Mantemento e dinamización da páxina web do centro:

Obxectivos xerais do ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes

Ademais dos obxectivos xerais recollidos nas programacións dos distintos módulos do ciclo, da análise realizada dos resultados das avaliacións feitas en cursos pasados tanto ao alumnado que xa rematou o ciclo como ás empresas que colaboraron na realización da FCT, conclúense os seguintes obxectivos xerais que serán traballados de forma transversal:

  • Comprender e manexar textos técnicos e vocabulario técnico en Inglés.
  • Comprender e asumir hábitos correctos na realización do traballo: Participación activa, limpeza, puntualidade, etc.

Actividades complementarias

Prevese realizar, polo menos, unha saída por trimestre para visitar empresas ou organismos que permitan coñecer a aplicación práctica dos contidos desenvolvidos nas aulas.

As saídas previstas para este curso son as seguintes:

Trimestre Actividade
Visita ao SIMO (5-7 de outubro), en Madrid
Visita a Inditex (2 de novembro), na Coruña
Visita ao CPDs do CIXTEC e o Sergas (data aínda sen concertar), en Santiago de Compostela
Xornadas de software libre no IES A pinguela (data aínda sen concertar), en Monforte de Lemos
Visita ao CPD do Banco Pastor (data aínda sen concertar), na Coruña
Ferramentas persoais
Crear un libro