Selección do cableado
De Wiki do Pazo da Mercé
A selección dun bo cableado é de vital importancia na instalación dunha rede de comunicacións. Hai que ter en conta que o investimento estimado para os cables nunha instalación é dun 6% do custo total e, sen embargo, está comprobado que o 70% dos fallos producidos nunha rede son debidos a defectos no cableado.
Para determinar cal é o mellor cable para un lugar determinado haberá que ter en conta distintos factores:
- Carga de tráfico na rede.
- Nivel de seguridade requirida na rede.
- Distancia que debe cubrir o cable.
- Presuposto para o cable.
Canto maior sexa a protección do cable fronte ao ruído eléctrico interno e externo, este levará un sinal claro máis lonxe e máis rápido. Sen embargo, a maior velocidade, claridade e seguridade do cable conleva un maior custo económico.
O tipo de cable que se adquira vai estar en función das necesidades do sitio en particular, número de equipos e usuarios, requirimentos de transmisión que establecen, etc. O cableado que se adquire para instalar unha LAN para un negocio pequeno ten uns requirimentos diferentes do cableado necesario para unha gran organización, como por exemplo, unha institución bancaria.
O nivel de apantallamento requirido afectará ao custo do cable. Será necesario un maior apantallamento canto maior sexa o ruído da área por onde vai o cable. As interferencias e o ruído poden causar graves problemas en redes grandes, onde a integridade dos datos é fundamental. O cableado barato ten pouca resistencia a campos eléctricos exteriores xerados por liñas de corrente eléctrica, motores, relés e transmisores de radio. Esto faino susceptible ao ruído e ás interferencias.
Os diferentes tipos de cables teñen diferentes índices de atenuación; por tanto, as especificacións do cable recomendadas especifican límites de lonxitude para os diferentes tipos. Se un sinal sofre demasiada atenuación, o equipo receptor poderá non interpretalo correctamente.
| Características | Cable coaxial Thinnet | Cable coaxial Thicknet | Cable de par trenzado | Cable de fibra óptica |
|---|---|---|---|---|
| Custo do cable | Máis que UTP | Máis que Thinnet | UTP: menos caro STP: máis caro | Máis que Thinnet, pero menos que Thicknet. |
| Lonxitude útil do cable | 185 m. | 500 m. | 100 m. | 2 km. |
| Velocidade de transmisión | 4-100 Mbps | 4-100 Mbps | UTP:4-100 Mbps STP:16-500 Mbps (As novas categorías de UTP máis) | 100 Mbps o más (> 1Gbps). |
| Flexibilidade | Bastante flexible | Menos flexible que Thinnet | UTP: más flexible STP: menos flexible que UTP | Menos flexible que Thicknet |
| Facilidade de instalación | Sinxelo | Medianamente sinxelo | UTP: moi sinxelo. STP: medianamente sinxelo. | Difícil |
| Susceptibilidade a interferencias | Boa resistencia a interferencias | Boa resistencia a interferencias | UTP: moi susceptible STP: boa resistencia | Non susceptible a interferencias. |
Consideracións sobre o cableado de par trenzado
O cable de par trenzado utilízase cando:
- A LAN ten unha limitación de presuposto.
- Se desexa una instalación relativamente sinxela, onde as conexións dos equipos sexan simples.
Por estas razóns hoxe en día, tendo en conta as novas categorías de par trenzado, é o ideal para a conexión dos equipos a unha rede de presuposto e requirimentos medios.
Non se utiliza o cable de par trenzado cando:
- A LAN precisa un gran nivel de seguridade e débese estar absolutamente seguro da integridade dos datos.
- Os datos deben ser transmitidos a longas distancias e a altas velocidades.
Consideracións sobre o cable coaxial
Na actualidade é difícil ter que tomar unha decisión sobre cable coaxial, xa que foi desbancado polo par trenzado. Porén, utilizarémos o cable coaxial se queremos:
- Transmitir voz, vídeo e datos.
- Transmitir datos a distancias maiores do que é posible cun cableado menos caro.
- Ofrecer unha tecnoloxía familiar cunha seguridade dos datos aceptable.
Consideracións sobre o cable de fibra óptica
O cable de fibra óptica úsase cando:
- Necesítase transmitir datos a velocidades moi altas e a grandes distancias nun medio moi seguro. (Por exemplo, conexións entre switchs e servidores).
O cable de fibra óptica non se utiliza cando:
- Ten un presuposto limitado.
- Non se ten o suficiente coñecemento para instalar e conectar os dispositivos de forma apropiada. A conexión de elementos con par trenzado é moito máis frecuente e sinxela.
Sen embargo, o prezo do cable de fibra óptica é competitivo co prezo do cable de cobre alto de gama. Cada vez faise máis sinxela a utilización do cable de fibra óptica, e as técnicas de pulido e terminación requiren menos coñecementos que fai uns anos.
