Compartir recursos na rede Windows

De Wiki do Pazo da Mercé

Compartir carpetas na rede Windows

Unha das aplicacións mais útiles dunha rede local é a de compartir carpetas entre os equipos da rede para poder compartir a información entre distintos usuarios:

Compartir unha carpeta en Windows XP
Compartir unha carpeta en Windows Vista (igual en Windows 2008 Server)

Acceder a carpetas compartidas

Para acceder a unha carpeta compartida noutro equipo, podemos buscar o equipo dentro do grupo de traballo en facer dobre-clic sobre el. Tamén podemos escribir directamente na caixa de texto de dirección:

\\nome_equipo\nome_carpeta_compartida

É posible que para poder acceder á carpeta teñamos que autentificarnos como un usuario válido no equipo ao que queremos acceder:

Acceso a unha carpeta compartida en Windows XP
Acceso a unha carpeta compartida en Windows Vista (igual en Windows 2008 Server)

Conectar unha unidade de rede

Unha forma máis cómoda para acceder a unha carpeta compartida noutro equipo é conectar unha unidade de rede. Desta forma aparecerá unha nova unidade no equipo con unha letra que dará un acceso directo ao contido da carpeta do equipo remoto:

Conexión dunha unidade de rede en Windows XP
Conexión dunha unidade de rede en Windows Vista (igual en Windows 2008 Server)
Crear un libro