Características das imaxes dixitais: formatos
De Wiki do Pazo da Mercé
Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 22:45, 8 xaneiro 2010
Cando se almacena unha imaxe nun ordenador, teremos que utilizar un formato para traducir esta imaxe en forma de uns e ceros, xa que toda a información que almacena un ordenador tense que facer en forma de bits.
Dependendo da forma que se usa para facer esta tradución, distinguimos dous tipos de formatos de imaxes:
- Formato de mapa de bits:
- Neste tipo de formatos, a imaxe se divide nunha rexilla en filas e columnas, onde cada cela desta rexilla recibe o nome de píxel.
- A cada píxel da imaxe se lle asignará unha cor, e a profundidade de cor marcará o número de cores posibles para cada píxel da imaxe.
- O principal inconveniente deste tipo de formatos é que cando se amplían as imaxes, a calidade das mesmas se reduce considerablemente, xa que a partir dun momento o aumento do tamaño dos píxels provoca que a imaxe se visualice en escalóns (imaxe pixelada).
- O tamaño que ocupará a imaxe dependerá do número de píxeles que a forman (resolución da imaxe) e da profundidade de cor (bits por píxel).
