O recoñecemento óptico de caracteres. Programas OCR
De Wiki do Pazo da Mercé
Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 15:05, 13 xaneiro 2010
- Cando escaneamos un documento impreso con un escáner, obtemos unha imaxe dixital co contido dese documento que podemos editar con un programa de retoque fotográfico como GIMP, pero se o documento contén texto non podemos facer cambios directamente sobre o texto, porque na imaxe dixital as letras do texto non teñen ningún significado.
- Os programas de Recoñecemento Óptico de Caracteres ou OCR, analizan o texto que contén unha imaxe dixital para permitir facer modificacións directamente sobre el.
- Exiten moitos programas que realizan esta función, algúns son gratuítos e moitos de pago, aínda que tamén poden vir incluídos co propio escáner ou multifunción. Un programa de OCR moi utilizado é ABBYY FineReader, que é un programa de pago aínda que se pode obter unha versión de avaliación (shareware) por un período de 15 días.
