Que facer se se esqueceu o contrasinal
De Wiki do Pazo da Mercé
Revisión feita por 81.35.112.239 (Conversa) ás 08:21, 19 xaneiro 2010
Se un alumn@ esqueceu o contrasinal para iniciar sesión nos ordenadores do centro, o profesor ou profesora poderá avisar da situación ao profesorado encargado do mantemento anotando unha incidencia no libro de incidencias que se atopa na mesa do profesor nas aulas de informática e na biblioteca, na que se incluirá o nome e curso do alumn@. O profesorado encargado do mantemento establecerá para ese alumn@ de novo o contrasinal inicial (abc123.) e o indicará no libro de incidencias.
