Como crear cuestionarios nun curso na aula virtual
De Wiki do Pazo da Mercé
Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 08:40, 3 febreiro 2010
- Para crear un cuestionario no noso curso, e primeiro lugar deberemos premer no botón de Activar edición:
- A continuación, nos colocaremos no tema dentro do curso no que queremos agregar o cuestionario (no caso da imaxe, o tema é o de As actividades: Os cuestionarios) e no despregable de Engadir unha actividade seleccionaremos a opción de Cuestionario:
- Accederemos á páxina de creación do cuestionario, na que podemos introducir todas as súas propiedades. Veremos por pasos as mais importantes:
- Deberemos introducir un Nome para o cuestionario, que será o que apareza na páxina do curso.
- Podemos escribir unha Introdución, que será unha páxina que verán os alumnos antes de empezar a responder o cuestionario. Nesta páxina podemos meter material que queremos que se consulte antes de comezar a facer o cuestionario, como enlaces a páxinas web, vídeos, etc.
- Podemos establecer o tempo máximo (en minutos) que disporán os alumnos para resolver o cuestionario. No caso do exemplo, haberá un máximo de 10 minutos:
- Picaremos no botón de Gravar modificacións e mostrar para gardar o cuestionario e escribir as preguntas.
