Como crear cuestionarios nun curso na aula virtual

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 14:36, 3 febreiro 2010
  • Para crear un cuestionario no noso curso, e primeiro lugar deberemos premer no botón de Activar edición:


Creación dun cuestionario: Paso 1


  • A continuación, nos colocaremos no tema dentro do curso no que queremos agregar o cuestionario (no caso da imaxe, o tema é o de As actividades: Os cuestionarios) e no despregable de Engadir unha actividade seleccionaremos a opción de Cuestionario:


Creación dun cuestionario: Paso 2


  • Accederemos á páxina de creación do cuestionario, na que podemos introducir todas as súas propiedades. Veremos por pasos as mais importantes:
    • Deberemos introducir un Nome para o cuestionario, que será o que apareza na páxina do curso.
    • Podemos escribir unha Introdución, que será unha páxina que verán os alumnos antes de empezar a responder o cuestionario. Nesta páxina podemos meter material que queremos que se consulte antes de comezar a facer o cuestionario, como enlaces a páxinas web, vídeos, etc.
    • Podemos establecer o tempo máximo (en minutos) que disporán os alumnos para resolver o cuestionario. No caso do exemplo, haberá un máximo de 10 minutos:


Creación dun cuestionario: Paso 3


    • No apartado de Mostrar hai algunhas opcións interesantes para evitar no posible que os alumnos copien entre eles cando resolven o cuestionario. Podemos dividir o cuestionario en páxinas e indicar cantas preguntas sairán en cada páxina (neste caso 3), e marcar que se barallen as preguntas entre as distintas páxinas e as respostas dentro de cada pregunta.
    • Tamén podemos indicar cantas veces poderá un alumno resolver o cuestionario (neste caso indicaremos que só o pode resolver unha vez). Tamén convén na maioría dos casos deshabilitar o modo adaptable, xa que este modo permite aos alumnos enviar a resposta de cada pregunta individualmente para ver se a resposta é correcta, e probar a meter outra resposta (para compensar, neste modo podemos indicar que penalización se aplicará ao alumno por cada erro que cometa)


Creación dun cuestionario: Paso 3


    • Por último, podemos indicar se os estudantes se lles mostra a corrección do cuestionario ou non, e en que momento. Recoméndase desactivar as primeiras opcións, como se ve na imaxe, para un estudante non vexa as respostas correctas mentras outro compañeiro aínda está facendo o exame. Deixando marcadas o segundo grupo de opcións, o alumno deberá agardar uns minutos despois de rematar para poder ver os resultados do cuestionario:
Creación dun cuestionario: Paso 3


  • Picaremos no botón de Gravar modificacións e mostrar para gardar o cuestionario e escribir as preguntas.
Crear un libro