Cable de par trenzado
De Wiki do Pazo da Mercé
Índice |
Características do cable de par trenzado
O cable de pares é similar ao do teléfono. É o medio de transmisión máis simple e económico. O cable componse dunha serie de pares de fíos polos que se transmiten distintos sinais.
Imagen:Partrenzado.jpg
Cable de par trenzado |
Imagen:Conexionpartrenzado.jpg
Conexión de equipos con cable de par trenzado |
Un problema que presentan os cables de pares é que presentan unha resistencia eléctrica bastante elevada, o que provoca o debilitamento do sinal, moi acusado se se sobrepasan determinadas lonxitudes. Isto obrigará a rexenerar o sinal para que poida ser recibida correctamente.
Outro inconveniente deste tipo de cables é que o condutor de cobre que utilizan é moi sensible ás interferencias que se producen entre uns cables e outros. Un modo de subsanar estas interferencias consiste en trenzar os pares, xa que así se consegue que que unhas perturbacións anulen ás outras. É por iso que falamos do cable de par trenzado, xa que os fíos van trenzados entre eles e se encerran nun recubrimento protector para formar un cable.
Canto máis trenzados estean os fios maior inmunidade ao ruído, pero pola contra menor lonxitude pode ter o cable, pois ao ter maior lonxitude de fíos prodúcese maior atenuación, por iso hai que tomar un punto medio onde os pros e os contras se compensen. O número total de pares do cable pode variar dependo do seu uso (O cable telefónico pode ter 1 ou 2 pares, e o utilizado nas redes de ordenadores ten 4 pares).
Apantallamento do cable de par trenzado
Pero aínda o cable trenzado segue a ser bastante sensible ás interferencias externas que pode recibir. Para reducir o efecto destas interferencias pódese rodear o cable dun condutor eléctrico externo; nese caso trátase dun cable de par trenzado apantallado. Polo tanto distinguimos dous tipos de cables de pares:
- Cable UTP (Unshielded Twisted Pair – Par trenzado sen apantallar): Consta de 4 pares de fios trenzados, cada par de fios está trenzado sobre si mesmo. Non presenta ningún tipo de recubrimento externo, de modo que é moi sensible ás interferencias.
- Cable STP (Shielded Twisted Pair – Par trenzado apantallado): É semellante ao UTP, pero incorpora un recubrimento metálico para evitar as interferencias externas. Polo tanto é un cable máis protexido, o cal lle permite soportar maiores tasas de transmisión que os UTP a distancias maiores. Por contra, trátase dun cable menos flexible que o UTP, o cal tendo en conta tamén o seu maior custo fai que este tipo de cable sexa menos utilizado que o anterior. Sen embargo, si que é moi recomendable o seu uso cando os cables se colocan próximos a cables de alimentación eléctrica, xa que estes últimos xeneran fortes interferencias.
