Como entrar na aula virtual do centro

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 23:19, 7 febreiro 2010
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
  • O centro conta con unha aula virtual baseada en Moodle sobre a que se poden crear cursos, colgar recursos para traballar sobre eles, realizar actividades, etc.
  • Pódese acceder a ela a través do enlace á Aula virtual que se atopa na parte superior da web do centro:


Entrada na aula virtual do centro


  • Para poder utilizar a aula virtual, teremos que iniciar sesión. Introduciremos o mesmo nome de usuario que usamos para iniciar sesión nos ordenadores do centro, e o contrasinal inicial será abc123.:


Iniciar sesión na aula virtual do centro


  • Convén cambiar este contrasinal inicial por outro que ninguén mais coñeza. Unha vez iniciada a sesión, podemos facer clic sobre o noso nome na parte superior da páxina para acceder á páxina do perfil persoal:


Como cambiar o contrasinal: Paso 1


  • Nesta páxina, picamos no botón para cambiar o contrasinal:


Como cambiar o contrasinal: Paso 2


  • Introducimos o contrasinal actual (abc123.) e o novo dúas veces, e picamos no botón de Gardar modificacións para cambiar o contrasinal.
Crear un libro