Edición de páxinas web con KompoZer

De Wiki do Pazo da Mercé

Introdución a kompoZer

  • KompoZer é un editor que nos permite deseñar páxinas web incluso sen saber a linguaxe HTML.
  • É un programa libre e gratuíto, que podemos utilizar tanto en Windows como en Linux.
  • Con este editor podemos ir deseñando unha páxina web de forma visual e ir vendo como nos queda (WYSIWYG)
  • Aquí poden verse un exemplo do programa en funcionamento, editando unha páxina web da wikipedia:


Elementos básicos de kompozer

Os elementos máis importantes do programa son:


  • Barra de composición: Esta barra de ferramentas inclúe botóns para insertar os elementos máis comúns nunha páxina web, como enlaces, imaxes, táboas, formularios, etc. Tamén ten opcións para crear novas páxinas, abrir , gardar e publicar a páxina no servidor en Internet usando un servidor FTP

Ficheiro:Kompozer_barra_de_composición.png


  • Barras de formato: Estas barras permiten dar formato ao texto da páxina web, usar numeracións e viñetas, sangría, etc.

Ficheiro:Kompozer_barras_de_formato.png


  • Zona de edición: Nesta zona da pantalla é onde editaremos a páxina web, e podemos usar unha serie de pestanas para personalizar o tipo de vista que queremos facer sobre a páxina.


  • Xestor do sitio web: Se temos configurado un servidor FTP no que se aloxa a nosa web, esta parte da pantalla permítenos acceder aos ficheiros almacenados no noso equipo e aos almacenado no servidor.

Para saber máis...

Crear un libro